Mércores. 21.08.2019
El tiempo

Máis de 2.600 persoas visitan o Dolmen de Dombate no mes de setembro

Máis de 2.600 persoas visitan o Dolmen de Dombate no mes de setembro
En setembro celebrouse o I Simposio Dolmen de Dombate En setembro celebrouse o I Simposio Dolmen de Dombate Ao longo do pasado mes de setembro, un total de 2.624 persoas visitaron o centro arqueolóxico Dolmen de Dombate; o que supoñen algo máis de cen visitantes máis que o mesmo mes do ano pasado. O principais picos de visitas producíronse, principalmente, durante as fins de semana (sábados e domingos). Nesta cifra de visitantes xa están sumados datos das actividades complementarias realizadas aquí o pasado mes de setembro: o simposio Dolmen de Dombate e a carreira popular que se celebrou o pasado 24 de setembro. Estas visitas súmanse ás máis de 11.000 persoas que se achegaron ata o Dolmen durante o pasado verán. Visitas guiadas O centro arqueolóxico Dolmen de Dombate segue ofertando as visitas guiadas de venres a domingo en horario de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios