Máis de 4.780 persoas visitaron en xullo o dolmen de Dombate
08:11 03/08/17
O centro arqueolóxico de Dombate acolleu o pasado mes unha exposición de pintura
Ao longo do pasado mes de xullo, un total de 4.781 persoas visitaron o centro arqueolóxico Dolmen de Dombate, o que supoñen 73 persoas máis que no mesmo mes do ano anterior.
O maior número de visitantes recibíronse principalmente durante a fin de semana (sábados e domingos), sendo o 9 de xullo o día de máis visitas cun total de 308 persoas (día no que recibiron a visita dos participantes dunha concentración de motos clásicas).
Nestes datos non figuran as persoas que participaron nas actividades complementarias tales como a exposición de pintura "No mellor da vida", nas visitas nocturnas e nas visitas teatralizadas que ofrece a compañía de teatro Os Quinquilláns todos os sábados dos meses de xullo e agosto ás 18 e ás 19:30 horas.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/dolmendombate/videos/1863594053960438/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
- O Dolmen de Dombate recibe case un millar de escolares cada mes
- 1.700 escolares derrubaron as portas do Castelo de Vimianzo coas visitas guiadas.
- Os donos e donas dos monumentos megalíticos de Vimianzo visitan Dombate.
- Os Concellos de Cabana e Malpica seguirán xestionando o Dolmen de Dombate e o ecomuseo do Forno do Forte en 2017.
- O Dolmen de Dombate e Castro Borneiro recibiron 10 grupos durante o mes de novembro.
- Máis de 2.600 persoas visitan o Dolmen de Dombate no mes de setembro
- O Dolmen de Dombate, premio do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia á sustentabilidade
- Máis de 11.000 visitaron Dombate este verán.
- Redacción QPC ([email protected])
- Dolmen de Dombate