Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A mocidade de Cabana disfruta da inmersión lingüística cos seus “irmaos” franceses

Semana de irmandamento entre Cabana e Treize-Septiers
Semana de irmandamento entre a mocidade de Cabana e de Treize-Septiers
A mocidade de Cabana disfruta da inmersión lingüística cos seus “irmaos” franceses

Un ano máis Cabana recibe unha visita moi especial. A xuventude do concello francés Treize-Septiers, irmandado dende hai xa 12 anos, está de visita por Bergantiños. Un encontro que serve de verdadeira inmersión lingüística para a nosa mocidade, pois compartir experiencias directas é a mellor forma de aprender linguas.

Así, un grupo de rapaces de entre 15 e 18 anos conviven xa esta semana no Albergue Xuvenil do Concello dende o pasdado 25 de agosto e ata este venres 30.

O programa do intercambio xuvenil é moi amplo e inclúe actividades para todos os gustos. Os mozos terán a oportunidade de achegarse ao patrimonio cabanés, coñecer ás mariscadoras do Anllóns, pasear en kaiak pola ría ou demostrar as súas dotes culinarias. Realizarán, así mesmo, saídas á Coruña, Santiago e o Aquapark de Cerceda onde primará o ocio. Estas actividades teñen como obxectivo que os mozos tomen conciencia, máis alá da súa identidade nacional, do que significa ser europeos.

Os monitores responsables do intercambio serán Pierre Guerin, da asociación de mozos de familias rurais de Treize-Septiers e Martín Martínez, técnico de cultura e responsable de xuventude do Concello de Cabana de Bergantiños.

Semana de irmandamento entre Cabana e Treize-Septiers 2019

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios