Venres. 19.04.2024
El tiempo

Música clásica en directo no Dolmen de Dombate

Musica na catedral
Música clásica en directo no Dolmen de Dombate

O Dolmen de Dombate será o escenario do concerto do dúo Alfonso e Hugo Franco o vindeiro venres 31 de xullo dentro do ciclo Música na Catedral. O programa leva ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate concertos de música clásica de pequeno formato nun escenario único polo seu valor patrimonial.

Deputación da Coruña e Concello de Cabana fan especial fincapé no cumprimento dos protocolos para a prevención da Covid19 e a protección do patrimonio. Deste xeito, o aforo dos concertos no pavillón do Dolmen é limitado, é imprescindible a reserva previa, todos os asistentes deben acudir con máscara e sentar no lugar que lle asignen á entrada do recinto.

Os concertos no Dolmen de Dombate son un elemento integrador do patrimonio, a cultura e o turismo. Música na catedral aposta por unha programación que inclúe artistas da Costa da Morte para reforzar o compromiso coa escena local. Así mesmo, o ciclo de concertos orixinouse coma unha homenaxe a Beethoven no 250 aniversario do seu nacemento.

O aforo para o concerto de Alfonso e Hugo Franco é moi limitado, polo que se farán dous pases, un ás 22h, e outro ás 23h. É imprescindible reservar praza a través do correo [email protected], indicando nome e teléfono de contacto dos asistentes.

Alberto e Hugo Franco interpretarán o seguinte repertorio no pavillón do Dolmen de Dombate:

  • Cantatas        J.S.Bach
  • Lascia            G.F. Haendel
  • Saba              G.F.Haendel
  • Minuet            L.Bocherinni
  • Madrid            L.Bocherinni
  • Si Beg Si        T.O’Carolan
  • Stocklight       J.S.Skinne

cabana-dombate-musicanacatedral-31x-2020

Comentarios