Martes. 23.04.2024
El tiempo

“Ningún outro destino galego estase a tomar tan en serio o seu potencial turístico como a Costa da Morte”

“Ningún outro destino galego estase a tomar tan en serio o seu potencial turístico como a Costa da Morte”
No acto estiveron presentes o diputado provincial de Turismo, Xose Regueira, o presidente da CMAT, Juan José Blanco, Pablo Canosa, secretario da CMAT e os alcaldes de A Laracha, Jose Manuel López Varela, e Cabana de Bergantiños, José Muiño. No acto estiveron presentes Pablo Canosa, secretario da CMAT; o alcalde de Cabana, José Muiño; o diputado provincial de Turismo, Xose Regueira; o alcalde de A Laracha, Jose Manuel López Varela; e o alcalde de Mazaricos e presidente da CMAT, Juan José Blanco

O Salón de plenos do Concello de Cabana acollía un importante acto para o sector turístico da bisbarra, ao que acodían boa parte das entidades públicas implicadas no sector.

A cita serviu para presentar o Plan Formativo para o último trimestre do ano, e a continuación celebrouse a primeira mesa de traballo dentro do marco do proxecto de “Actualización e Mellora das experiencias de turismo activo e turismo cultural de Costa da Morte” (a segunda destas mesas de traballo terá lugar este martes pola mañá na Casa da Cultura de Corcubión), cofinanciado pola Axencia de Turismo de Galicia.

Alentadoras as palabras de Regueira, pois despois de moitos anos de desinterese por parte dos concellos, parece que esa liña está cambiando. O deputado, que valora os procesos de formación para mellorar a calidade e competitividade do sector, destacou que “a Costa da Morte ten a opción de convertirse no primeiro destino de turismo deportivo de Galicia. Ningún outro destino galego estase a tomar tan en serio o potencial desta parcela do turismo”.

O presidente da CMAT, Juan José Blanco, ten claro “o reto é poñelo en valor e acadar un maior crecemento socioeconómico”. Faino despois de destacar que houbo moito traballo detrás deste plan formativo, que se desenvolverá por diferentes vilas da bisbarra.

A mesa de traballo contou ademais con xentes do sector privado implicados no desenvolvento da bisbarra. A empresa coordinadora foi debullando as novas experiencias que está a crear a CMAT, e que se centran en puntos novidosos como dar a coñecer lendas, lugares máxicos, personaxes mitolóxicos, rituais, folclore, artesanía, etc.
Ademais, a CMAT insiste na necesidade de desenvolver os proxectos en contacto continuado cos axentes locais, buscando a súa participación activa e a aprobación dos resultados.

Mesa de traballo da CMAT Mesa de traballo da CMAT

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-cmat-abre-o-prazo-de-inscricion-para-os-cursos-de-mellora-da-competitividade-do-sector-turistico/ https://quepasanacosta.gal/a-cmat-aproveita-as-lendas-e-o-deporte-para-loitar-contra-a-estacionalidade-turistica-da-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/a-cmat-e-varias-entidades-da-costa-participan-na-mesa-de-traballo-para-definir-o-plan-de-turismo-enogastronomico-de-galicia/ https://quepasanacosta.gal/empresarios-bergantinos-plan-turismo-cmat/

Comentarios