Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Novas equipacións para as escolas infantís de Corcubión e Cabana

Novas equipacións para as escolas infantís de Corcubión e Cabana
Garderia de Corcubion Visita institucional á Escola Infantil de Corcubión

A través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, a Xunta vén de anunciar varias partidas para a mellora das escolas infantís de Cabana e Corcubión.

A Escola Infantil Municipal de Corcubión (activa dende 1986) recibe unha subvención de máis de 24.000 euros que servirá para levar a cabo obras menores de adecuación e mellora do edificio para optimizar os espazos. Ademais, cubrirase de caucho a zona exterior e se renovarán carpintería, portas, mobiliario e tamén se adquirirá equipamento novo para o centro para incorporación das novas tecnoloxías á aula e novo material didáctico.

Así mesmo a de Cabana de Bergantiños recibirá unha contía semellante duns 25.000€.

Melloras no parque infantil de Ponteceso

Pola súa parte Ponteceso realizou melloras no parque infantil do colexio Pondal, no que o vén de investir 10.000 euros. O novo parque conta cun novo castelo de xogos con tobogán, 18 metros cadrados máis, vallas restauradas e un solo acolchado seguro e que cumpre as normativas de caída Os responsables municipais estiveron acompañados polo director e o xefe de estudios do centro pontecesán.

Comentarios