Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Apalpador pide cita nas escolas de Bergantiños

O Apalpador pide cita nas escolas de Bergantiños
apalpador-de-senda-nova

Segue o Apalpador amosándose cada Nadal por máis e máis chemineas de Galicia. Esta tradicional figura recuperada dende os montes do Courel, segue espallando a súa lenda gracias á labor das escolas e de entidades como a Asociación Ambiental Senda Nova, que loita por afianzalo como elemento clave do nadal tradicional galego.

”Pretendemos que se espallen con el e coas demais actividades tradicionais de nadal, unha a href="/por-un-nadal-mais-verde/">serie de valores ou conductas, como reducir o consumismo nesta época, mercar productos artesanais ou fomentar os xogos tradicionais ou a construción dos propios xoguetes”, explican dende a entidade, dando conta que esta recuperación tradicional vai máis alá, e supón unha filosofía de vida, que tamén versa sobre a relación coa natureza.

Por todo isto, invitan a a cada unha das aulas de infantil e primeiro ciclo de primaria de Bergantiños a sumarse á iniciativa e ao traballo conxunto e a levar un ano máis ao xigante carboeiro do Courel, a cada un dos centros de ensino. O ano pasado o Apalpador chegou a visitar máis de 600 rapaces e rapazas bergantiñáns, con máis de oitenta traballos realizados por cada unha das aulas.

Este ano andará de ruta do 14 ao 21 de decembro, polo que todas as escolas que queiran, que chamen para reservar visita. Os mestres poden preguntar en [email protected] ou no 696 155 232.

Visita do Apalpador polos centros de Ensino de Bergantinos con Senda Nova Así foi a visita do Apalpador o ano pasado polos centros de Ensino de Bergantiños con Senda Nova

O Apalpador

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios