Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG de Bergantiños loitará nos plenos contra o copagamento santario de medicamentos

O BNG de Bergantiños loitará nos plenos contra o copagamento santario de medicamentos
copago sanitario

Mentres a continúa a loita social contra a loita, outras problemáticas saltan á actualidade. Desta volta toca o copagamento sanitario de medicamentos das persoas doentes crónicas non hospitalizadas.

É o BNG de Bergantiños o que levará este tema aos plenos dos concellos bergantiñáns unha moción "para que o PP elimine a súa decisión e que a Xunta de Galicia non a aplique no noso país". O BNG "pedirá á Xunta que demande do goberno do Estado a derrogación da resolución que obriga ao copagamento das medicinas ás persoas doentes crónicas non hospitalizadas, e a que non aplique no noso país esta regresiva medida".

Recordan que "as persoas ás que afecta esta medida terían que pagar o 10% até os 4,20 euros de cada medicamento dos usados para enfermidades como cancro, tumores, leucemia, hepatite C, artrite reumatoide ou dexeneración muscular.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Bergantiños.

Comentarios