Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto

O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto

Envía hoxe o BNG unha nota sobre a Mina de Ouro de Corcoesto. O BNG quere deixar claro que "non está en contra da extracción do ouro en Corcoesto, sempre que se faga dun xeito que non hipoteque o futuro deste lugar". Afirma tamén que está "a favor da creación de postos de traballo en Bergantiños e na Costa da Morte, pero non a calquera prezo".

Así, pide que "a empresa canadiense explote esa concesión doutra maneira, abrindo túneles e galerías ao modo dunha minería tradicional, con moito menos impacto, e ademais dun xeito que crearía moitos máis postos de traballo e durante moito máis tempo".

Deste xeito, indica que "sorprende o apoio total da Xunta, e se ben, é lóxico que a empresa defenda os seus intereses, a obtención do maior beneficio no menor tempo posible, o que non é tan lóxico é que a Xunta faga o mesmo, defenda os intereses da empresa sen importarlle o negro futuro que pode deixar en Corcoesto e o seu entorno, sen importarlle a destrucción doutras actividades, como as agro-gandeiras ou as turísticas, por exemplo, actividades que xeran postos de traballo estábeis e para moitos anos".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios