Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros celebra os seus 5 anos dando Oxígeno á Costa da Morte

O Camiño dos Faros celebra os seus 5 anos dando Oxígeno á Costa da Morte
5 anos do Camino dos Faros-Foto- Eduardo Verdes 5 anos do Camiño dos Faros-Foto- Eduardo Verdes Camino dos Faros portada da revista Oxigeno en outubroi 2016 O Camiño dos Faros foi portada da revista Oxígeno en outubro de 2016, e agora recibe o seu premio á Viaxe de Aventura do Ano

Fai 5 anos non había nada… E hoxe en día é un dos produtos turísticos máis potentes da Costa da Morte. Todo gracias á sociedade civil, á sociedade trasna que se puxo as botas para descubrirnos a todos os veciños e a todo o mundo, o litoral máis salvaxe da península ibérica.

O Camiño dos Faros cumple 5 anos. Foi un decembro de 2012 cando varios amig@s saíron de Malpica coa única premisa de chegar a Fisterra polo camiño mís pegado ao mar. Unha aventura que acabou abrindo unha ruta de 200 quilómetros espectaculares, dos cales 120 deles nunca foran percorridos por unha ruta de senderismo.

A familia trasna celebra estes 5 anos cun galardón ademais, o Premio que outorga a revista Oxígeno. Unha das revistas máis recoñecidas en materia de deportes de natureza e actividades ao aire libre, decidiu dar o Premio de Viaxe de Aventura do Ano ao Camiño dos Faros. A mediados de xaneiro irán os trasn@s á Fitur a recoller o recoñecemento.

Ruta de Gran Percorrido GR

O camiño cara a defintiva consolidación desta respectuosa ruta continúa. A Asociación Camiño dos Faros leva varios anos intentando conseguir a súa homologación como Ruta de Gran Percorrido GR. E parece que a senda está marcada. Asinado o pasado novembro o convenio coa Deputación, parece cuestión de tempo que o Camiño dos Faros apareza en guías de todo o mundo. En principio, 2018 podería ser o ano da homologación, para que en 2019 xa aparezaa o Camiño en milleiros de guías.

Mentres, revistas internacionais, programas de TV, webs especializadas… de todo o planeta seguen botando un ollo ao litoral da CostadaMorte.

E todo gracias ao corazón e a cabeza da familia trasna, que mantén o seu empeño en poñer en valor unha zona a través dunha ruta sostible que xera riqueza responsable na comarca.

Novas relacionadas

O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)

Fonte

Comentarios