Luns. 18.11.2019
El tiempo

O Catálogo da Paisaxe abre o prazo de alegacións e alonxa aos eólicos de Laxe

O Catálogo da Paisaxe abre o prazo de alegacións e alonxa aos eólicos de Laxe
O Catalogo da Paisaxe de Galicia reconece a importancia natural dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto do Dino-parrulo de Victor Santos O Catálogo da Paisaxe de Galicia recoñece, entre outros, a importancia natural dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto do Dino-parrulo de Victor Santos

Foi presentado o primeiro borrador do Catálogo da Paisaxe de Galicia e con el a parte da “Grande Área Paisaxística Chairas e Fosas Occidentais”, é dicir, da zona da Costa da Morte. Un documento que segundo publicaba onte o DOG, conta con 2 meses de prazo para preentar alegacións.

Un Catálogo que sae a luz tras varios meses de traballo comarca a comarca. Precisamente na zona a veciñanza costeira tamén tivemos unha sesión de traballo en común para ir sinalando os puntos de interese. Agora toca revisar as conclusións.

Eólicos en zona protexida?

A entidade Petón do Lobo resalta varios puntos. Amosan a súa satisfacción porque o Catálogo recolle a importancia da zona dos Penedos de Laxe, recordamos a única Paisaxe Protexida da Costa e un dos dous únicos espazos con esta denominación en toda Galicia, e que está ameazado por un novo parque eólico.

Tendo en conta que no concello de Laxe hai recoñecida, nunha boa parte da súa extensión, por parte da Unión Europea (Rede Natura 2000) e da Comunidade Autónoma de Galicia (Rede Galega de Espazos Protexidos) un patrimonio natural, da biodiversidade e paisaxístico amplo e que a continuación de detalla:

  • ZEPVN “Costa da Morte” (ES110033)
  • ZEPVN “Costa da Morte (Norte)” (ES110034)
  • Paixase Protexida “Penedos de Pasarela e Traba”
  • ZEC “Costa da Morte” (ES1110005)
  • ZEPA “Costa da Morte (Norte)” (ES0000176)
  • Humedal “Rego de Soesto” (Plan de Recuperación do Escribano Palustre)
  • Humedal “Trasadunas de Soesto”
  • Humedal “Lagoa de Traba”
  • Humeadal “Mórdomo”
  • Humedal “Redondelo”
  • Humedal “Brañas Mouras”

”Por todo isto”, valoran dende o Petón, “tamén hai razóns de peso para que o proxecto eólico citado, arestora en tramitación, sexa finalmente rexeitado, feito que se pediu desde esta entidade e a Asociación Contramínate de Laxe”.

Outros puntos de interese

Son outros os puntos que valoran dende o Petón da zona de Bergantiños que recolle o documento, “porque se pon de manifesto toda a importancia que ten o Val fluvial do río Lourido (afluente do Anllóns), paraxe de importante valor para Corcoesto (concello de Cabana), Cereo e Valenza (concello de Coristanco)”. O documento ademais “dá importancia do val fluvial, tamén recolle o Castro de Corcoesto, a capela e carballeira de Sta. Mariña do Remuiño e a pedra peculiar de Lourido, entre outros elementos singulares. Ademais manifesta a importancia da entorna forestal e agrogandeira da zona”, sinalan.

Máis información

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios