Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O cianuro convírtese no novo Prestige

O cianuro convírtese no novo Prestige
Contraminate no Pleno de Carballo

Seguen as mina a ceo aberto sendo un tema conflitivo no país. Co proxecto de Corcoesto teoricamente paralizado son os Concellos e a Xunta os que están dilucidando posturas. E se polos Concellos o tema céntrase en Corcoesto, na Xunta falouse de cianuro en xeral, un dos temas máis tabú. Todo, facendo un paralelismo entre o Prestige e a mina de Ouro.

Esta semana, por exemplo, onte os plenos de Carballo e Zas, e hoxe o de Coristanco, aprobaban sendas mocións que presentaba a Plataforma en Defensa de Bergantiños para amosar o seu rexeitamento á mina de ouro de Corcoesto, sumándose ás negativas dos concellos de Laxe e Vimianzo; mentres que os de Cabana, Coristanco e Ponteceso xa teñen votado a favor do proxecto.

Desta volta, a plataforma Contramínate estivo en ambos plenos, para deixar claro o sentir maioritario na poboación costeira. En Carballo, BNG e PSOE votaron a favor, Terra Galega abstívose e o PP votou en contra da moción. Pola súa banda, en Zas, BNG aprovou cos seus 8 concelleiros a moción, coas abstencións de PP e Converxencia Galega.

Contraminate no Pleno de Zas

Aprobada a moción no Concello popular de Coristanco

Ademais, o Concello de Coristanco, gobernado polo Partido Popular, aproba por unanimidade unha moción contra a mina de ouro de Corcoesto. A presión veciñal obfoi clave para obrigar ao alcalde do PP Pensado Plágaro, a aprobar por vía de urxencia unha moción contra a mina de Corcoesto. Con Coristanco, son cinco os concellos de Bergantiños que rexeitan o proxecto mineiro.

Cianuro no Parlamento

Mentres, o Parlamento Galego discutía sobre o uso do cianuro nas actividades mineiras, e se a oposición criticou en bloque o uso do cianuro na megaminaria, o PP non o rexeitou. Se a deputada Ana Pontón comparou "o perigo de utilizar cianuro coa catástrofe do Prestige", o deputado do PP Aurelio Núñez afirmou que a proposición nacionalista “obvia que a alternativa baseada no emprego do mercurio xeraría problemas medioambientais moito máis graves”.

Posicións totalmente opostas as do PP e de AGE e BNG. Así, finalmente a "Proposición de lei presentada polo BNG destinada a modificar a lei de minería en Galiza para prohibir o uso de tecnoloxías mineiras a base de cianuro e constituír garantías financeiras suficientes fronte ás indemnizacións por danos" foi rexeitada polo Partido Popular, que xustificou o seu voto en contra alegando que "a lexislación vixente xa prevé límites e cautelas suficientes”.

A resposta do PP foi recordar o pasado e acusar ao "BNG de pretender prohibir agora a utilizar o cianuro nas minas cando o puido ter feito cando o goberno bipartito aprobou a Lei da Minería de 2008". Núñez Centeno solicitou aos deputados do PSOE e AGE que “sexan consecuentes, porque nin opinan nin votan do mesmo xeito en Galicia que en Andalucía, onde están a pedir a reapertura da mina de Aznalcollar”.

Paralelismo entre o Prestige e Corcoesto

Aquí vos deixamos cunha interesante intervención de Antón Sánchez, de AGE, precisamente nun pleno no que tamén se falou do Prestige ante a presencia de varios membros da Plataforma Nunca Máis.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios