Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O concello de Cabana renova os seus equipos informáticos

O concello de Cabana renova os seus equipos informáticos
renovacion equipos informaticos cabana A aula de informática dispón de once tablets para impartir os cursos de alfabetización de adultos O concello de Cabana de Bergantiños acaba de realizar a renovación completa dos equipos informáticos existentes en cada un dos postos de traballo da casa do concello, dispoñendo agora de dezaseis ordenadores persoais de sobremesa e dous portátiles así como once tablets para a aula de informática para impartir os cursos de alfabetización dixital de adultos. Esta renovación dos equipos informáticos realizouse mediante o procedemento de contratación de "subministración de equipos informáticos na modalidade de renting para o concello de Cabana de Bergantiños" publicado a través da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia o pasa 20 de outubro de 2016. Fonte

Comentarios