Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O condutor implicado no accidente que lle custou a vida a un home de Borneiro non podía conducir de noite

O condutor implicado no accidente que lle custou a vida a un home de Borneiro non podía conducir de noite
Accidente en Borneiro-Fotos-Oscar de Souto Imaxe do coche implicado no accidente no que perdeu a vid un home de Borneiro-Fotos-Oscar de Souto

Hai pouco máis dunha semana que un accidente cobrábase a vida dun home de Borneiro. O home conducía un tractor cando un coche o embestía por detrás, provocando o envorco do tractor e a súa morte.

O condutor (J.S.G.) do vehículo implicado, un Renault Megane, quedou ferido e agora está sendo investigado como presunto autor dun Delito de Homicidio por Imprudencia. O caso é que a pesar de dar negativo nas probas de alcoholemia e sustancias estupefacientes, o condutor ten unha limitación no seu permiso de condución que abarca tramos desde unha hora logo da saída do sol (orto) e unha hora antes da posta de sol (ocaso), polo que se desprende que J. S. G, non debería conducir desde as 17:55 horas do día dos feitos (o accidente ocorre sobre as 19:30 horas).

A Garda Civil sinala que dita limitación está expresada físicamente no permiso de condución emitido o 16 de outubro de 2017. Así, a Garda Civil xa solicitou a perda da vixencia do permiso de condución , habéndose acordado a medida cautelar de suspensión e intervención de devandito permiso a data 14 de febreiro de 2018, sendo intervido físicamente ese mesmo día.

Novas relacionadas

Accidentes 2018

Fonte

Comentarios