Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O espazo de coworking de Cabana comeza a segunda edición

O espazo de coworking de Cabana comeza a segunda edición

Ponse en marcha o Espazo de Coworking que o IGAPE abre en Cabana de Bergantiños. O espazo aberto no Centro Social acollerá este martes 16 de maio, a partir das 12:00h unha xornada de traballo na que participarán representantes do Igape, da EOI e do Concello para informar sobre os obxectivos e posibilidades que o espazo coworking achega a emprendedores que precisan asesoramento e formación para completar ou madurar as súas ideas e proxectos empresariais.

Ademais de intervir o mentor residente deste espazo coworking -que fará unha presentación detallada sobre as actividades previstas na segunda convocatoria, que comezará nas próximas semanas- a xornada acollerá a presentación das experiencias das emprendedoras Teresa García e Belén Llanos, impulsoras dos proxectos Creatés e 123 Pádel, desenvolvidos na convocatoria do pasado ano.

Dende setembro do ano pasado leva o espazo en funcionamento, e os emprendedores que desenvolveron o seu proxecto neste único espazo da bisbarra apostaron por actividades a miúdo apoiadas nas TIC e en ámbitos como a artesanía, a industria conserveira, o téxtil, o turismo e desenvolvemento de maquinaria agrícola, entre outros.

Os emprendedores que participen na próxima convocatoria poderán contar con servizos de apoio personalizados para desenvolver as súas ideas de negocio e acelerar a posta en marcha das súas empresas.
O obxectivo prioritario das iniciativas de coworking é acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio; incrementando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores, neste caso da Costa de Morte, e facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá.

Fonte

Comentarios