Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida

O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida
Miradoiro do Pico de Sinde ao Esteiro do Anllons-Foto-Salvemos Cabana Vistas do Esteiro do Anllóns dende o que o Miradoiro do Pico de Sinde, afectado polo parque eólico de Mouriños-Foto-Salvemos Cabana

Se o Concello de Laxe declarouse libre de eólicos, o resto de concellos da bisbarra miran con bos ollos a chegada dos viraventos. É o caso de Cabana, onde está en marcha o Plan do Parque Eólico Mouriños que a empresa Renovables Aragón S.L.U., filial de Gas Natural Fenosa, pretende instalar na serra do Gontón. Un parque que tamén afectaría ao Concello de Zas.

É a Plataforma Salvemos Cabana a que alza a voz para denunciar que o proxecto “afectará de maneira irreparable á magnífica paisaxe do esteiro fluvial do río Anllóns e hipotecando sen remedio o futuro desenvolvemento turístico sustentable da área”. A plataforma sinala que a zona é "un dos últimos paraísos naturais que quedan intactos na Costa da Morte” e conta miradoiro da croa do castro do Pico de Sinde, dende onde se ten unha das vistas do Esteiro do Anllóns máis espectaculares.

A escribenta das canaveiras A escribenta das canaveiras

Denuncian ademais que a área afectada atópase moi próxima ao esteiro do río Anllóns, á Zona de Especial Conservación (ZEC) Costa da Morte, á Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Costa da Morte Norte e a tan só 850 metros da Important Bird Area (IBA) Costa da Morte, atesourando ademais unha importante biodiversidade, pois se chegaron a rexistrar máis de 300 tipos distintos de aves.

De feito, sinalan que o parque poría en afectar á conservación dunha ave en perigo de extinción, a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitatica Steinbacher).

O Parque incluirá 4 aeroxeneradores realmente grandes (151 metros, semellante a un edificio de 40 plantas), que xerará 10 MW.

Para presentar alegacións

p>234 priopietarios afectados, a meirande parte en Cabana, aos que apenas lle quedan uns días para presentar alegacións, unha vez que o prazo remata o vindeiro 3 de agosto. Poden consultar o estudo de impacto ambiental en ambas dependencias municipais.

 

Novas relacionadas

Outras novas eólicas

 

Fonte

Comentarios