Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PP activa o modo precampaña para as municipais do 2019

O PP activa o modo precampaña para as municipais do 2019
diego-calvo-pp-bergantinos Diego Calvo mantivo onte un encontro con alcaldes e portavoces do PP de Cabana, Carballo, Laxe, A Laracha, Malpica e Ponteceso Ainda que falta algo máis dun ano para as eleccións municipais, o PP vén de poñerse en marcha coa precampaña. Así, onte pola tarde o presidente do Partido Popular na provincia da Coruña - Diego Calvo - mantivo un encontro cos representantes do partido na comarca de Bergantiños. Nunha reunión de traballo con alcaldes e portavoces dos municipios de Cabana, Carballo, Laxe, A Laracha, Malpica e Ponteceso, e acompañado do vicesecretario xeral de Organización e Territorio, Evaristo Ben, Calvo subliñou que 2018 será un ano “fundamental” de cara a “engrasar” a maquinaria co obxectivo de que a súa formación poida afrontar o reto dos comicios locais “preparados para que os veciños nos vexan como unha clara opción de goberno real, seria e solvente nos 93 concellos da provincia”. Neste sentido, o presidente provincial incidiu na “importancia” de buscar aos mellores candidatos, pero, sobre todo, destacou a “necesidade” de formar “grandes equipos” xa que, na súa opinión, só así os populares poñerán alcanzar os obxectivos marcados. “Acabamos de arrincar un ano no que están en xogo moitas cousas. Temos por diante o reto de seguir fortalecéndonos en todos e cada un dos concellos, de continuar escoitando aos nosos veciños e, ademais, de dar a coñecer o nome dos que serán a nosos cabeza de lista”, confirmou Calvo. O popular aproveitou tamén a reunión de traballo para confirmar que os populares “botarán o resto e poñerán toda a carne no asador” para que o Partido Popular goberne en todos os municipios da comarca de Bergantiños. “Estamos a falar dun obxectivo ambicioso, pero mentres outros se conforman con apartarnos do goberno da maneira que sexa, sumando cos partidos que sexan, nós aspiramos a conseguir a confianza do maior número de veciños para tomar as rendas dos municipios”, dixo Calvo.

Comentarios