Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP xa prepara as Eleccións Municipais de 2019

O PP xa prepara as Eleccións Municipais de 2019
reunion-comarcal-do-pp-de-bergantinos

Quedan aínda 30 meses para as vindeiras Eleccións Municipais pero o PP provincial xa comeza a traballar para recuperar o terreo perdido en maio de 2015. Así llo trasladou o presidente provincial, Diego Calvo, nunha reunión o pasado venres cos alcaldes, portavoces e militantes de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica e Ponteceso. “Se nos preparamos ben e traballamos unidos, o PP está en condicións de gañar en todos os municipios do partido xudicial de Carballo”, dixo Calvo.

Calvo aproveitou para agradecer o “gran traballo” realizado nas eleccións autonómicas do pasado setembro, nas que a provincia da Coruña logrou un ”resultado histórico”. Tamén recalcou a necesidade de analizar, concello por concello, os resultados notando as grandes diferencias entre as municipais e as Autonómicas ou Xerais.

O popular fixou como obxectivo dos populares recuperar o goberno da Diputación da Coruña e das tres grandes cidades.

Os do sur, co Conselleiro reunion-francisco-conde-do-pp-comarcal

Mentres, polo sur da bisbarra, os portavoces do Partido Popular en Cee, Camariñas, Corcubión, Dumbría, Muxía, Zas, Fisterra e Vimianzo, mantiveron o pasado 29 unha reunión co presidente Diego Calvo e co conselleiro de Industria, Francisco Conde. Desta volta, a idea era reforzar o apoio que a Xunta prometeu aos traballadores de Ferroatlántica non segregar a actividade da compañía.

Os populares insistiron na “importante repercusión económica” que ten Ferroatlántica para moitas familias da comarca, e na “necesidade” de facer “todos os esforzos posibles? para lograr a súa continuidade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios