Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O TSXG recoñece, anos despois, o dereito de acceso dun veciño á información da documentación sobre a mina de Corcoesto

O TSXG recoñece, anos despois, o dereito de acceso dun veciño á información da documentación sobre a mina de Corcoesto
Tractorada contra a mina de ouro de Corcoesto- Foto- Jose Manuel Ojén Imaxe da tractorada contra a mina de ouro de Corcoesto de 2013- Foto- Jose Manuel Ojén

Dende xaneiro non tiñamos novas do polémico proxecto da mina de ouro de Corcoesto. Parece que non damos esquecido este plan industrial e un dos temas que máis preocupaban as xentes da activa Plataforma en Defensa de Corcoesto era o da posible caducidade das concesións.

Dende a Plataforma estaban convencidos de que as concesións mineiras non estaban vixentes, algo que invalidaría o proxecto. Xa a finais de 2012, un compañeiro da Plataforma solicitou acceso á documentación relativa a ditas concesións, coa intención de comprobar se as sospeitas da entidade tiñan base. Ao non serlle facilitada esta documentación, interpuxo unha demanda en relación ao tema.

Esta semana o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de darlle a razón a un membro da Plataforma recoñecendo o seu dereito de acceso á documentación relacionada coas concesións do proxecto mineiro de Corcoesto. Condena así á Administración demandada (a Xefatura Territorial de Enerxía e Minas de A Coruña) a expedir e entregar copias dos documentos relacionados co estado das concesións.

”Estamos á expectativa de que a Xefatura Territorial cumpra coa súa obriga, e actúe tal e como se lle indica no fallo do Tribunal, entregando as copias da documentación solicitada”, sinalan dende a Plataforma. “É lamentable que esta sentencia chegue con tantos anos de retardo”, lamentan a pesar da sentenza favorable.

Interrogantes

Un retardo que provoca varias inquedanzas entre a plataforma: “De que nos tería servido que se nos recoñecese agora o dereito a acceder a esa información, mesmo aínda que as concesións non estivesen vixentes, tal como nos pensamos, se o proxecto de Corcoesto estivese xa en marcha? Que levou á administración a ocultar o estado das concesións durante tanto tempo? Cal foi o motivo para que a Xefatura Territorial de Enerxía e Minas de A Coruña puxese tanto empeño en obstaculizar o noso acceso a esta información concreta?

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios