Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Pezquechefs de Cabana xa preparan berberechos do Anllóns

Os Pezquechefs de Cabana xa preparan berberechos do Anllóns
Pezquechefs de Cabana

Ben interesante a proposta do Grupo de Acción Costeira Costa da Morte na Campaña Come o Mar de Mar Galaica. E como tan de moda están os pequenos mestres da cociña, que llo pregunten a Aniña Oca, veñen de poñer en marcha a experiencia do Pequechef.
Unhas xornadas que mesturan a aprendizaxe da tradición e cultura mariñeira ca gastronomía local, que tratan de achegar os máis pequenos ás bondades dos produtos do mar, o seu consumo e un mellor coñecemento das súas tradicións e raíces mariñeiras.

Os pequenos cabaneses visitaron a Casa da Mariscadoras do Anllóns, onde foron recibidos pola presidenta das mariscadoras e puideron ver de cerca o traballo do marisqueo, os berberechos que se extraen da súa ría e o funcionamento da depuradora.

Pezquechefs conecendo o Berberecho do Anllons Pezquechefs cocinando en Cabana

A continuación realizaron un obradoiro interactivo de cociña; os nenos guiados por un chef, elaboraron receitas con base mariñeira e materia prima da súa ría.

O primeiro prato foi unha ensalada de berberechos cunha presentación en forma de chalana. O segundo cunha presentación en forma de barco no que a base é unha un cachelo, a vela foi un lirio fritido e un mar verde de leituga. Esta vez nada quedou no prato e moitos repetiron.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios