Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os proxectos mineiros a debate en Irmandade TV

Os proxectos mineiros a debate en Irmandade TV

Están en marcha un par de proxectos audiovisuais, concretamente de TV na rede, dende e para Galicia, e en clave de debate. Galiza Ano Cero é un dos proxectos que quere nacer co apoio cidadán a través do microfunding. O outro chámase en Irmandade TV, que hoxe presentamos en QPC dada a temática costeira que trata nun dos seus primeiros debates. Un debate sobre a mina de ouro de Corcoesto, cunha clara visión crítica do proxecto cabanés, e do proxecto galego.

Sen máis, deixamos aquí o programa da nova canle en rede Irmandade TV sobre os proxectos mineiros na Galicia e nomeadamente o de Corcoesto. Este programa está conducido por Aurélio Lopes e contará coa participación de xentes opositoras ao proxecto, como Serafín González, científico do CSIC e presidente da Sociedadade Galega de Historia Natural; Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial; Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG; Paco García, da plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños e Manolo Soto da asociación ecoloxista ADEGA.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Megamineria a debate en IrmandadeTV

Comentarios