Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Valoracións sobre os Resultados das Eleccións 2011

Valoracións sobre os Resultados das Eleccións 2011

Xa temos os Resultados completos nestas Eleccións Municipais 2011 nos 15 concellos da Costa da Morte.

Ademais, xa puidemos facer unha nova valoración dos Resultados en www.eleccionscostadamorte.com, repasando os posibles pactos e valorando a incidencia da Operación Orquesta.

Como primeira valorazión podemos dicir que a Operación Orquesta non afectou aos imputados, máis ben todo o contrario, pois os 3 alcaldes se manterán probablemente a alcaldía e mesmo o alcalde de Cee erixiuse como a forza máis votada con IxCee.

Resaltamos que houbo 5 maiorías absolutas: en Dumbría e Muxía (polo PSOE); en Cabana e Ponteceso (polo PP) e en Zas (polo BNG).

Datos comarcais

Comarcalmente, o PP é a forza máis votada, relevando ao PSOE. 6 grupos do PP foron a forza máis votada, con 18.632 votos, 1.363 votos menos que no 2007. O PSOE baixou considerablemente e acadou 15.867 votos, 5.028 menos que no 2007, pero é a forza máis votada tamén en 6 concellos. Pola súa banda o BNG recibiu 11.949 votos, 462 que no 2007.

O BNG é a forza máis votada en Zas e Vimianzo, mentres que en Cee IxCee dá un volco aos resultados do 2007 e é a única forza independente máis votada.

Temos 5 maiorías absolutas: en Dumbría e Muxía (polo PSOE); en Cabana e Ponteceso (polo PP) e en Zas (polo BNG).

Participación

Subiu ata 15 puntos a participación na Costa da Morte con respecto ao 2007. Se daquela só votaran o 63.6%, na xornada deste 22 de maio foi o 78.86% dos 66.723 posibles votantes.

Ademais, os partidos minoritarios subiron en máis de 2000 votos.

Concello a Concello

  • Cabana: Maioría aplastante do PP en Cabana con 9 concelleiros e 2 do PSOE.
    - PP 2491 votos 75,17% (9 concelleiros); PSOE 535 votos 16,14% (2); BNG 256 votos 7,72% (0).
  • Camariñas: O PSOE é a forza máis votada pero o PP achégase. Pichurri mandará en maioría, que o BNG non acadou ningún concelleiro.
    - PP 1874 46.09 (6 concelleiros); PSOE 1950 47.91 (7) e BNG 199 4.94%.
  • Carnota: O PP baixa 2 concelleiros e PSOE e BNG poderán pactar para substituir no goberno ao PP.
    - PP 1386 votos 44.49% (5 concelleiros); BNG 1043 votos 33,48% (4); PSOE 637 votos 20.45% (2).
  • Cee: A tremenda subida do grupo do imputado IxCee déixao como forza máis votada, cunha subida do BNG. Os pactos, de toda índole, poderán ter moita importancia para determinar o grupo de goberno.
    - IxCee 1876 votos 37,27% (5 concelleiros): PP 1278 25,39% (4); BNG 1169 votos 23,22% (3) e PSOE 600 votos 11,92% (1)
  • Corcubión: O PSOE amplía a vantaxe pero unha reedición do pacto BNG-PP podería darlle a alcaldia a Oscar Insua.
    - PSOE (527 votos) 43.3% 4 concelleiros; BNG (359 votos) 29.50% 3 concelleiros: PP (245 votos) 20,13% 2 concelleiros; PACOR (75 votos) 5.34. En blanco 13 e nulos 10.
  • Dumbría: Pequeño mantén a súa aplastante supremacía.
    - PSOE 71.89% (9 concelleiros); PP 12,09% (1); PIED 10,79 (1)% (1) e BNG 4,64% (0).
  • Fisterra: A falta de que se solucione o asunto nunha mesa, o PP mantería a maioría e PSOE e BNG non chegarían ao goberno nin pactando. Con todo o BNG asegura que impugnará o reconto.
    - PP 1503 votos 48.97% (6 concelleiros); PSOE 817 votos 26,62% (3) e BNG 705 votos 22.97% (2)
  • Laxe: Antón Carracedo e o seu PSOE mantense como a forza máis votada pero baixa e sobe o PP. Un triple pacto de BNG-IxLaxe-PP daría o poder aos populares.
    - PSOE 1005 votos 42,68% (5 concelleiros); PP 763 votos 32,40% (4); IXL 328 votos 13,93% (1) e BNG 240 votos 10,19% (1).
  • Malpica: Tremenda subida do PP de Eduardo Parga que só perdería o poder se BNG e PSOE pactan un novo bipartito.
    - PP 1671 votos 38,07% (6 concelleiros); PSOE 1207 28.42% (4); BNG 581 votos 13,68% (2); AIM 533 12,55% (1) e TEGA 234 votos 5,51%
  • Mazaricos: Non afecta a Operación Orquesta e o PP de Santos Maneiro só baixa un concelleiro trala entrada forte do PIMAZ que entrará no Concello con 2 edís.
    - PP 1544 votos 47.22% (6 concelleiros); e BNG 824 votos 25,14% (3); PIMAZ 742 votos 22,64% (2); e PSOE 156 votos 4,76% (0).
  • Muros: Loita tremenda entre os 3 partidos. O PSOE é a forza máis votada de novo, pero un novo pacto BNG-PP deixaría a María Xosé Alfonso de alcaldesa polo BNG.
    - PSOE 2282 votos 39,92% (6 concelleiros); BNG 1762 votos 30,82% (4) e PP 1508 votos 26,38% (3).
  • Muxía: Félix Porto sobe e arrasa con maioría absoluta.
    - PSOE 2290 votos 57.67% (8 concelleiros); PP 1353 votos 34.07% (4) e BNG 296 votos 7.45% (1).
  • Ponteceso: Maioría absoluta do alcalde popular Fondo Aguiar que ampliou a vantaxe. - PP 2293 56.66% (8 concelleiros); PSOE 793 votos 19.59% (3); BNG 506 votos 12,50% (1) ; APIN 280 votos 6,92% (1); TEGA 127 votos 3.14% (0)
  • Vimianzo: a vitoria do BNG fai que un pacto entre PSOE e BNG deixe a Antelo como Alcalde nun bipartito.
    - BNG 1722 votos 29,69% (4 concelleiros); PP 1480 votos 25.52% (3); IxVim 1407 votos 24,26% (3) e PSOE 1132 votos 19.52% (3).
  • Zas: Refrendado o traballo de Lolo Muíño como alcalde polo BNG.
    - BNG 2136 votos 55,71% (8 concelleiros); PP 818 votos 21,34% (3); CG 635 votos 16.56% (2); PSOE 217 votos 5,66% (0)

Toda a información en www.eleccionscostadamorte.com

Todo o seguemento das Eleccións do 22 de maio en www.eleccionscostadamorte.com.

Máis información

Comentarios