Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Parches en 16 centros educativos da bisbarra

Parches en 16 centros educativos da bisbarra
Aulas e a sala de mestres do CEIP Os muinos tralo temporal

A boa nova educativa chegaba onte co mantemento da escola de Carnés. E hoxe, 16 centros da zona reciben a nova de un pequeno investivemento para realizar unhas obras, uns parches, a desenvolver durante o período non lectivo das vacacións de verán para que estean a punto para o inicio do novo curso escolar. Son 193.000€ que chegan da Xunta para 16 centros de ensino da Costa da Morte, CPI, CEIP e IES.

En total investirase en dez colexios de Educación Infantil e Primaria de oito municipios. En Carballo, actuarase no CEIP Fogar, onde se repararán a cuberta e os dinteles. En Cee, reformarase a instalación eléctrica do colexio Eugenio López, mentres que en Camariñas procederase a instalación de novos radiadores no CEIP de Camelle. Na mesma liña, en Fisterra arranxaranse os aleiros e eliminaranse as humidades do CEIP Areouta e na Laracha, repararase a cuberta do Ramón Otero Pedrayo.

En Malpica de Bergantiños actuarase en dous centros: por unha banda, repararanse os danos causados pola entrada de auga nos ventanais do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, e por outra, no CEIP O Milladoiro, arranxaranse os danos causados polos temporais do inverno no lucernario. Do mesmo xeito, no CEIP Vilarmide de Muxía instalarase un novo deposito para a calefacción.

No CEIP dos Muíños, repararanse as filtracións da fachada no edificio antigo e reporase o termo da cociña. Ademais, no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso instalarase un depósito para a calefacción. En total, o departamento autonómico destinará 120.502 euros a estes proxectos.

Os centros públicos integrados contarán cun orzamento de 37.867 euros para levar a cabo diferentes actuacións en tres concellos. No CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, realizaranse obras no patio e repararanse os desprendementos do revestimento da fachada e no CPI Cabo da Area de Laxe, procederase a reparar a cuberta e o muro de peche. Ademais, no centro de Zas, eliminaranse as filtracións da cuberta.

Na mesma liña, aos institutos de Educación Secundaria da Costa da Morte, consignóuselles preto de 35.000 euros para acometer reformas en tres centros. No IES Fernando Blanco, de Cee, repararase a cuberta e reporanse as ventás de madeira e no IES Agra de Leborís da Laracha, cambiarase unha cañaría de auga. Por último no instituto de Ponteceso, subsanaranse as goteiras detectadas na cuberta.

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

comentarios