Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Petón do Lobo publica a revista "Historia de Corcoesto"

Petón do Lobo publica a revista "Historia de Corcoesto"
Nº1 da revista "Historia de Corcoesto" Nº1 da revista "Historia de Corcoesto" Ainda que a presentación ao público será o sábado ás 19 horas no local social de Cures - Corcoesto -, xa está na rúa o primeiro número da revista "Historia de Corcoesto nº1" editada pola asociación Petón do Lobo e outros colaboradores. O prezo da revista é de 6€ e os interesados en adquirila poden reservar o exemplar no enderzo electrónico [email protected] ou no número de teléfono 689 532863. Na publicación pódense atopar artigos como o seguinte: O círculo marca a presencia dos restos do lugar de culto ao deus Quirinalde, no lugar de Quiñalde, Corcoesto”. “Quirino é o sobrenome co que se venerou a Rómulo tras a súa ascensión aos Ceos na Roma Antiga. Así pois, no actual Quiñalde, onde está o campo de fútbol de Corcoesto, rendíase culto ao Deus romano Quirino, Deus da Guerra. Por que se rendía culto a un Deus da guerra?” "A palabra Cudeiro ten sen dúbida algunha unha orixe latina, na palabra Scutum (scuta plural), é dicir, antigüidade romana histórica, que podía facer alusión a un escudo oblongo de táboas ou vimbia cubertos con coiro, ás veces cunha lamia de ferro; realizado principalmente pola infantería pesada-armado do exército romano". "...é probable que en Cudeiro existira unha fracción armada da infantería do exército romano, que por un lado protexía ás minas. Por outra banda, o termo tamén alude aos toldos cos que probablemente cubriran as tendas ou refuxios onde vivían os militares". Tamen hai que ter en conta a evolución da propia palabra Scuta, xa que ao longo da historia os nomes de Cudeiro, recibiron primeiro o nome de Cadero (fracción), Cadeiro, e na actualidade Os Cudeiros. “Os romanos converteron o Castro orixinario no asentamento dos mandos administrativos e militares encargados de explotar as minas, e dispuxeron a súa organización en vivendas unifamiliares dispostas en quinteiros ao redor do foro ou praza pública, da que aínda se aprecian restos hoxe en día. De feito, o topónimo Quinteiro aínda se conserva. Do Quinteiro e o Castro do Lugar Grande apenas se conservan restos visibles debido á acción humana ao longo dos séculos”. “Outro topónimo probablemente relacionado coa presencia do xíbaro é o lugar de A Vitureira, que non fai referencia á presencia de boitres, como algúns pensan, senon a unha transferencia ou licencia de tenza de terras (Volturare), para adicalas á explotación mineira. Sen embargo, o topónimo antigo, moi común no Arquivo do Reino de Galicia, era Boutureira. A raíz latina Bout- fai referencia a “combate”, sendo a Boutureira lugar de combates, mais esto xa se supoñía tendo en conta a importante mina que alí había, e se lembramos o topónimo Chan da Armada, apreciamos efectivamente a coherencia terminolóxica”. “O nome do Inquisidor responsable da aplicación do Santo Oficio en Corcoesto no ano 1670 era Miguel Collazo de Soto, dependente da Xurisdicción do Señorío da Penela, e home de María Rodríguez Sobrino. Este Miguel era un home ben peculiar, e así o demostra o feito de que en posesión do seu posto de secretario do segredo do Santo Oficio non tiña reparos en litigar pola vía civil contra todo aquel que lle adebedara cartos. Así aparece no Arquivo no ano 1676, como demandante contra Alberto Fernández de Arroa, por unha débeda de 600 ducados de vélaro. Sen embargo, no ano 1734 foi acusado polo propio Tribunal do Santo Oficio por revelar segredos (in secretum cubiculum), tal e como se recolle no Tomo II (A.H.N., Ing., Libro 686: …” “Sería a súa filla Luisa de Lanzós, e despois a súa neta, outra Luisa de Lanzós as que pelexarían co Mosteiro de San Martiño de Santiago de Compostela, por recuperar o lugar de Cardezo, que lle fora arrebatao ao seu pai Alonso de Lanzós (líder da revolta irmandiña), gañando diversos preitos na Real Audiencia. A torre feudal do lugar de A Torre, da que non quedan restos visibles, foi destruida na segunda revolda Irmandiña. Tras o fracaso das aspiracións irmandiñas, foi reconstruida como casa para servir de sede do Tribunal do segredo do Santo Oficio da Inquisición”. “Dábase a paradoxa de que a medida que triunfaba a Contrarreforma en España, a Galicia e as súas vilas do interior chegaban cada vez máis xudeos e moriscos desterrados. Constatados estes feitos o poder real seguía a súa política de domar aquela terra de Galicia, iniciada polos reis católicos, Isabel e Fernando, segundo consta na documentación da época. Desta época é precisamente o auxe vivido pola aldea de Aldemunde, hoxe en ruinas, no veciño municipio de Coristanco. Aldemunde era unha aldea na que incluso se celebraba mercado semanal. O seu propio nome indica que é unha aldea do mundo, composta por mestizaxes e xentes de diversos lugares. De feito nas ruinas que existen, pódese apreciar o detalle en oxiva das fiestras, que lembra a arquitectura morisca”. “É neste esceario cando o Tribunal da Inquisición traslada o culto de Santa Mariña desde a praia de Santa Mariña de Niñóns, en plena zona costeira, no concello de Ponteceso, a unha zona do interior, á actual Santa Mariña do Remuiño en Corcoesto, precisamente para deixalo a salvo dos asaltos dos piratas protestantes. Do mesmo xeito rexorde en Corcoesto a importancia do Tribunal do Santo Oficio para gardar o culto católico dos inimigos e preservar a fe”.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios