Venres. 20.09.2019
El tiempo

PP: “Podemos gañar as eleccións nos sete concellos do Partido Xudicial de Carballo”

PP: “Podemos gañar as eleccións nos sete concellos do Partido Xudicial de Carballo”
PP d Bergantinos Comida do PP de Bergantiños

Seguen os movementos nos partidos políticos da bisbarra a un ano das eleccións municipais 2019. Pouco a pouco iremos coñecendo as cabezas de lista dos partids en cada concello, pero polo de agora se repiten as citas comarcais Desta volta foi o Partido Popular o que realizou un acto cos concelleiros, militantes e simpatizantes de Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Malpica, Ponteceso e Laxe. Nel participaron o vicesecretario xeral de Organización e director de campaña de Partido Popular da Coruña, Evaristo Ben e o secretario xeral de PPdeG, Miguel Tellado.

“Podemos gañar as eleccións municipais nos sete concellos –Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica e Ponteceso- do Partido Xudicial de Carballo”, sinalou con optimismo Ben, asegurando que o PP intentará asaltar as alcaldía de Carballo, Ponteceso, Laxe e Coristanco (onde forma un estrano goberno cun edil expulsado do PSgG), considerando que nestes tres últimos concellos quedou “a un puñado de votos” de poder gobernar.

Ben quixo resaltar “o bo labor realizado polos rexedores de Laracha, Malpica e Cabana”, e mostrouse convencido de que “en 14 meses teremos máis exemplos que poñer sobre a mesa” porque, tal e como lembrou, o Partido Popular “sempre foi unha referencia nesta comarca”. Ademais, Ben lembrou que o populares aspiran a conseguir o maior número de alcaldías e recuperar o goberno da Deputación da Coruña. “Imos necesitar todos e cada un dos votos en todos e cada un dos municipios”.

Novas electorais

Fonte

Comentarios