Venres. 19.04.2024
El tiempo

O proxecto de senda peonil entre Ponteceso e a Autovía, en exposición pública

Estrada LC-423 por Ponteceso e Cabana
O proxecto de senda peonil entre Ponteceso e a Autovía, en exposición pública

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informou do comezo do proceso de exposición pública do proxecto da 1ª fase de acondicionamento da estrada AC-423, que contará cun investimento autonómico de case 1 millón de euros.

Trátase da conexión de Ponteceso coa Autovía, atravesando Cabana, e nesta primeira fase a inclusión da senda peonil será ata Anllóns.

O Diario Oficial de Galicia publica xa o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto e a relación de bens e dereitos necesarios para a mellora desta infraestrutura, unhas 17 fincas. Os interesados poderán facer achegas desde este xoves e ata o 6 de febreiro, xa que se establece un período de 30 días hábiles.

Tras a información pública procederase á aprobación definitiva do proxecto para iniciar as expropiacións en 2020 e poder licitar as obras, que teñen un prazo de execución de 6 meses. Ademais, a Xunta xa ten redactado o proxecto de mellora da mesma, no seu treito inicial, algo máis de 5 km, ata o cruce en Baneira.

Plan comarcal

Ao 75% atópase o Plan Comarcal de Sendas peonís de Bergantiños, co que se están a construír 11 quilómetros de itinerarios. 5 sendas están en servizo e noutras 2 que se está a avanzar, a de Laxe, xa adxudicada e que se iniciará á volta de Nadal, e a de Carballo-Coristanco, en cuxa preparación se está tamén traballando.​

Un Plan da Xunta, que segundo o PSOE repertute principalmente en concellos de goberno popular.

Novas relacionadas

Comentarios