Sábado. 28.03.2020
El tiempo

Rabuñal Patiño, parte do ecosistema do Esteiro do Anllóns

Rabunal Patino nunha saida con Senda Nova
Rabunal Patino nunha saida con Senda Nova
Rabuñal Patiño, parte do ecosistema do Esteiro do Anllóns

A celebración do Día mundial das zonas húmidas da Asociación Senda Nova tivo un nome clave: Xosé Luís Rabuñal. O prestixioso ornitólogo guiou unha visita polo Esteiro do Anllóns, un dos seus lugares favoritos, onde recoñeceu que “eu son parte deste espazo”.

Patiño mestura corazón e coñecemento nestas sesións no espazo costeiro, nas que explica a metodoloxía do seu traballo. Son case que 5.000 as saídas que ten rexistradas neste mesmo Esteiro nos últimos 40 anos, polo que non se lle escapa nin unha mosca. Unidas ás máis de 3000 de Traba de Laxe poden recoller unha vida enteira de laboura ornitolóxica capaz de catalogar máis de 300 especies de aves no humidal bergantiñá.

A cativada de Senda Nova poderá contar aos seus netos que coñeceron esta importante figura para a ornitoloxía española, e que quedaron prendidos do seu romanticismo e sabedoría.

Dia dos Humidais con Senda Nova e Rabunal Patino

comentarios