Venres. 19.04.2024
El tiempo

Radio Roncudo e radiONeria recuperan o Boletín de novas diario de QPC

Radio Roncudo e radiONeria recuperan o Boletín de novas diario de QPC
Fran Lago recupera o Boletin de QPC para as radioNeria e Radio Roncudo Fran Lago recupera o Boletin de QPC para as radioNeria e Radio Roncudo Recuperan contidos e incidencia as radios irmandadas da Costa da Morte. Cada día son máis os veciños da comarca de Fisterra que pincha no seu dial o 107.8FM da radiONeria, e por Bergantiños o 106.1FM da Radio Roncudo. Porque as radio municipal de Corcubión e a radio libre de Corme cada día teñen máis contidos. Hoxe os voluntarios que fan posible que estas emisoras sigan emitindo (ante a falta de axudas das administracións), veñen de dar un novo paso. Fran Lago recupera o Boletín de Novasde QPC, que xa estivo en antena varios anos. O famoso locutor costeiro volve á radio informativa colaborando con este espazo diario que traerá a máis rabiosa actualidade coa colaboración do diario Quepasanacosta.gal. Emitirase ás 8:00, 9:00h, 15:00h e 19:00h. Aqui teñen o primeiro, que trataremos de subir diariamente a QPC:

Programas singulares das radios Irmandadas da Costa da Morte

A música é a principal protagonista da grella das Radio Roncudo e radiONeria. Músicas de todo tipo, dende a exitosa sesión vermú, pasando polas mañás de guateque ou pola máis moderna Fórmula Pop. Pero son varios os programas vivos, propios, que fan destas radios un foco de creación na Costa da Morte.
  • BoletínQPC: Fran Lago recupera o Boletín de Novas da man de www.quepasanacosta.gal todos os días da semana ás 8:00; 9:00h, 15:00 e 19:00
  • O Ronsel: unha hora de actualidade da Costa da Morte, con Óscar Rey e Fran Lago, dase os venres ás 17:00h e os sábados ás 12:00.
  • La Hora del Comején e Intente dedicar su disco, Juan Comején está as noites do sábado e do domingo con vós.
  • Fórmula 11 Actual: os xoves as 20h e os Sábados as 20:30 h con Lena García traendo a mellor música do momento.
  • Fórmula 11 Éxitos: os martes as 21:30 h e os domingos as 11:30 h con Lena García
  • Fórmula Neria: Con Iván Pereira, musicón para quecer motores antes de saír de marcha os venres e sábado ás 21:00h.
  • Palco de estrellas: O clásico programa das madrugadas sobre orquestas e verbena galega, chega a Radio Neria da man de Dani Seijas. Todos os venres dende as 22:00h.
  • A Escrita, recuperando os tesouros literarios do finado Paco Souto, os martes ás 23:00.
  • Realidade e Soños: Manolín recupera os seus programas gravados dende 1995 os luns ás 22:00h.
  • Cerna: achega o seu boletín medioambiental cada mediodía, ás 12:00.
Ademais, as emisoras emiten varios programas que envían outras radios libres de toda a xeografía española, como son Rock & Comics, Ábrete de Orellas (en galego), Aires Celtas, CienciaEs, A Rumboia (en galego), Democrazy Now,  Chill Pop e Funkmanía.

Como escoitar as radios da Costa

Podedes escoitar a radio a través das emisoras radiONeria (107,8FM nas terras de Fisterra), e Radio Roncudo (106.1FM nas terras de Bergantiños), ou pola rede na plataforma Tunein e nas webs de ambas emisoras: Ademais, tamén tendes os podcast ao Ivoox de Radio Roncudo), e podedes estar atentos ás redes sociais de ambas emisoras (Facebook da radiONeria e Facebook de Radio Roncudo.

Novas relacionadas

2016: Escoitando o Que pasa na Costa tamén polas ondas.

Comentarios