Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Rescatada en helicóptero unha sendeirista ferida mentres facía unha ruta por Cabana

Rescata dunha sendeirista en Cabana
Así foi o rescate dunha sendeirista en Cabana
Rescatada en helicóptero unha sendeirista ferida mentres facía unha ruta por Cabana

Eran as 12:45h cando o 112 recibía unha chamada dun grupo de sendeiristas que andaban por un paseo fluvial entre a Capela de Santa Mariña e o encoro do río Anllóns, na parroquia de Corcoesto, en Cabana. Unha das camiñantes sufrira unha fractura nun nocello.

De contado foron avisados as patrullas da Garda Civil do Postos de Laxe e Camariñas, unha dotación dos Bombeiros de Carballo, compoñentes do G.E.S. de Ponteceso e dous sanitarios do 061, que tiveron que saltar o valado que rodea o embalse e camiñar por unha vía sinuosa, cuberta de abundante maleza ata localizar á persoa ferida.

Os efectivos conseguían trasladar a ferida en padiola ata o encoro, nunha zona onde se podía achegar o helicóptero medicalizado Xunta de Galicia Pesca I para o seu traslado de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Finalmente, a ferida foi trasladada ao Aeroporto da Coruña, onde a recolleu unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

comentarios