Martes. 23.04.2024
El tiempo

Segredos do Neolítico, o novo espazo didáctico de Dombate

Segredos do Neolítico, o novo espazo didáctico de Dombate
Novo espazo didactico Segredos do Neolitico en Dombate Estrea do novo espazo didáctico Segredos do Neolitico en Dombate

As visitas escolares son, sen dúbida, unha das grandes potencialidades dun dos puntos máis importantes da arqueoloxía galega. E para seguir convertindo o Dolmen de Dombate nun foco de atracción, o Centro Arqueolóxico presenta un novo Espazo Didáctico: “Segredos do Neolítico”.

Segredos do Neolítico, é un proxecto de educación patrimonial no que se propón aos centros escolares que adiquen unha xornada a coñecer dunha maneira lúdica e didáctica este lugar emblemático da historia da arqueoloxía de Galicia. O proxecto consta dunha variada programación didáctica no que se atopan visitas guiadas e obradoiros didácticos de balde, sendo todas as activiades adaptadas ás necesidades específias de cada ciclo educativo: E. Infantil, E. Primaria, E. Secundaria e Bacharelato así como a ciclos de Educación Especial, Formación Profesional e Educación de Persoas Adultas.

Xunto con esta programación, inaugurase o Espazo Didáctico: unha recreación dunha escena domestica do Neolitico. Trátase dunha iniciativa innovadora orientada a complementar os contidos do Centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate. Neste espazo, as alumnas e alumnos poderán comprender diferentes aspectos dos modos de vida no Neolítico así como algúns sistemas de produción da cultura material relacionada co Megalitismo.

Situado no Local Social de Borneiro, é unha iniciativa financiada polo concello de Cabana de Bergantiños coa colaboración da Deputación da Coruña e deseñada e producida por Galipat Servizos Culturais S.L.
Á presentación contou coa asistencia do deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto Vivero xunto ao alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño Dominguez, e a cordinadorade de didáctica de Galipat Servizos Culturais Beatriz Gómez-Arribas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios