Venres. 29.03.2024
El tiempo

Só 6 concellos costeiros reciben as axudas de Normalización da Deputación

Só 6 concellos costeiros reciben as axudas de Normalización da Deputación
Logo do Servizo Normalizacion do Concello de Carballo

Falamos moitas veces do gran traballo dalgún dos Servizos de Normalización Lingüística referentes na bisbarra, como o carballés. Pero tamén falamos da irresponsabilidade municipal que moitas veces deixa sen recursos aos concellos. E o tema da lingua é un refereten.

A Deputación vén de publicar a Resolución definitiva da concesión de subvencións correspondentes ao programa FONL. Unha convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais da provincia da Coruña para a creación ou mantemento dos servizos lingüísticos, durante o ano 2015. 6000€ enteiros

E dóenos ver como só 7 concellos contan, a día de hoxe, con este servizo. Carballo, Cee, Dumbría-Muxía, Fisterra, Muros, Santa Comba e Vimianzo manteñen ou crearon o Servizo. Pero non sabemos nada dos Cabana, Camariñas, Carnota, Corcubión, Coristanco, Laxe, Malpica, Mazaricos, Ponteceso e Zas. Dalgúns non sorprende a súa falta de atención á lingua, pero doutros si, pois somos conscientes da súa preocupación pola lingua.

Se ben os datos sinalan que lingua galega sobrevive na Costa da Morte, non implica que as administracións deban relaxarse neste eido, tendo en conta o auxe do castelán, tamén na nosa bisbarra e sobre todo nas novas xeracións. Segundo falamos con algún técnico municipal, pedir ou non pedir estas axudas é "asunto político", e mesmo hai quen as considera "ineficaces e eticamente fraudulentas", tendo en conta que ás veces se empregan noutros fins

Concellos que reciben as Axudas de 6.000€ da Deputación

  • CONCELLO DE CARBALLO:
    Obxecto: Mantemento do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo durante 2015.
  • CONCELLO DE CEE:
    Obxecto: NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA 2015.
  • CONCELLO DE DUMBRÍA:
    Obxecto: MANTEMENTO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DUMBRÍA-MUXIA 2015.
  • CONCELLO DE FISTERRA:
    Obxecto: Financiar as retribucións da técnica dos servizos lingüísticos (SL) durante a anualidade 2015.
  • CONCELLO DE MUROS:
    Obxecto: Mantemento do servizo lingüístico 2015.
  • CONCELLO DE SANTA COMBA:
    Obxecto: Mantemento dos servizos lingüísticos durante o ano 2015.
  • CONCELLO DE VIMIANZO:
    Obxecto: CREACIÓN DE SERVIZO LINGÜÍSTICO.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios