Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O talento comarcal, protagonista do Festival Solidario dos Cormoráns

Festival dos Cormorans solidario con Princesa Rett
O talento comarcal, protagonista do Festival Solidario dos Cormoráns

Xa non queda nada para o espectacular III Festival Solidario que artella a Asociación Deportivo Cultural Os Cormoráns. Unha cita que servirá para recadar fondos para a asemblea local da Asociación Española contra o cancro, e para Mi Princesa Rett. A Praza do Pendón, en Cabana, xa vai superando o paso da borrasca Aitor e se prepara para unha cita na que a música tradicional maridará co pop/rock. Pero cun denominador común: o talento comarcal.

Así, dende as 12:00h deste sábado 28 de setembro, irán subindo ao escenario máis de 25 bandas de toda a volta, que queren contribuir coa súa música para esta festa solidaria.

Aos grupos tradicionais de Vaiche Boa, Peta Forte, Os Farrapos, Maruxía ou Irma Macías, hai que sumarlle a presenza dos cañeiros “Rusty Nuts, The INcidents, Os Coídos, Plan de Fuga ou Mal Juicio, bandas emerxentes da contorna en clave de pop/rock.

Xa sabedes que a recadación será a través da venda de rifas e sorteos con produtos doados polos comercios da zona, e a través dunha porcentaxe do servizo de comida e bebida que xestionará o restaurante zaseiro Tívoli.

Comentarios