Venres. 29.03.2024
El tiempo

Traballos de mellora no Rego dos Muíños

Melloras no Rego Muiños de Cabana
Traballos de mellora no Rego dos Muíños

O Rego dos Muíños é un treito de 3km que discorre entre auga doce e auga salgada e que forma parte do Camiño dos Faros. Un dos sendeiros máis singulares do Concello de Cabana, que vén de realizar uns traballos de mellora para solventar os problemas xerados pola borrasca Karim o pasado mes de febreiro.

O temporal provocou a caída de numerosas pílas, a acumulación de sedimentos nos regatos e no camiño.

O Concello estivo esperando pola axudas do goberno central, pero dende o Concello lamentan non ter sido invitados para negociar, polo que asumen as obras con fondos municipais. Ostr traballos consistiiron no desatranque de varios regatos, a limpeza das marxes e a reparación do pavimento en varios tramos.

A intención municipal é acometer unha mellora íntegra con posterioridade, sufragada con fondos dos plans complementarios da Deputación da Coruña.

Mellora no Rego dos Muiños1

Comentarios