Martes. 19.03.2024
El tiempo

O TSXG confirma a condena de 26 anos e medio de cárcere a home que asasinou á súa muller en Canduas

Día da operación policial tralo asasinato machista de Canduas
O TSXG confirma a condena de 26 anos e medio de cárcere a home que asasinou á súa muller en Canduas

Acontecía en agosto de 2018, cando o asasinato machista acontecido no lugar cabanés de Tras da Agra, na parroquia de Canduas, conmocionaba a toda a sociedade costeira. O condenado realizaba “tres disparos por detrás”, que impactaron na cabeza, no pulmón e no ril, é dicir, “con dirección a espazos vitais”, coa clara intenciñon de " evitar que refixese a súa vida”.

Por todo isto, a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirma a condena de 26 anos e medio de cárcere que a Audiencia Provincial da Coruña, de acordo co veredicto do tribunal do xurado, lle impuxo ao asasino, avalando o agravanete de xénero, e rexeitando o recurso presentado polo condenado, e desestimando que se considerasen atenuantes por "arrebato ou obcecación, embriaguez e reparación do dano".

Pola contra, os xuíces recoñecen que o autor mantiña un claro "sentimento de superioridade, de dominación, de poder, ata de sentimento de dominio asimilado a unha sorte de propiedade aniquiladora da personalidade da vítima, ata o punto de cernarlle calquera ápice de liberdade no desenvolvemento da propia vida”.

Os xuíces consideran “sorprendente” que a defensa pretenda que se exclúa o ánimo de matar porque a vítima e o agresor entraron xuntos na casa.

Novas relacionadas

Outras novas do 25N

Comentarios