Luns. 18.11.2019
El tiempo

Un Cancioneiro recolle a literatura oral de Cabana

Un Cancioneiro recolle a literatura oral de Cabana
Presentación do Cancioneiro de Cabana de Bergantiños na Xunta

Xa está publicado. O "Cancioneiro de Cabana de Bergantiños" veu a luz a pasada mañá. A obra é unha escolma de diferentes pezas pertencentes á literatura oral que integran o arquivo tradicional dos músicos e investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz, froito dun intenso traballo de investigación cultural e etnográfica levada a cabo por eles dende hai case dous decenios.
Detrás destas dúas figuras artísticas, contaron coa colaboración de dous mestres, Xosé Manuel Varela Varela e Felipe Senén, que acompañaron ao alcalde cabanés e ao secretario xeral de Política Lingüística Valentín García na presentación.

Cancioneiro de Cabana de Bergantiños

O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños constitúe unha recompilación de pezas recollidas a partir dun intenso traballo de campo levado a cabo polos músicos e investigadores etnográficos Olga Kirk e Pablo Díaz durante a década dos 90, nomeadamente entre os anos 1993 e 1997.

Esta laboriosa tarefa de recolleita conforma hoxe un importante arquivo oral centrado na comarca de Bergantiños, co que fornecen a súas actividades profesionais nos eidos da música, do canto e da danza tradicional galegas. Dende el recuperan e dan a coñecer boa parte do patrimonio cultural da Galicia tradicional como docentes, músicos e dinamizadores do tesouro inmaterial do país.

A obra, editada polo Concello de Cabana de Bergantiños co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Deputación da Coruña, baixo a coordinación de Xosé Manuel Varela, ofrece a transcrición das coplas, cantos de Nadal, regueifas, cantos de cego e parrafeos recollidos nas parroquias que integran o concello que lle dá nome ao volume.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios