Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha de beléns para celebrar o Nadal

Unha de beléns para celebrar o Nadal
Tras coñecer ao Apalpador, e mentres continuamos en pleno Nadal, que mellor xeito de celebralo que dando un repaso aos beléns máis interesantes da zona. E comezamos polo de Corcubión, que sorprende ano tras ano mellorando a súa posta en escena. Este Nadal, con voz en off de Fran Hermida e Francisco Santiago López, os bonecos parece que son de verdade.

Beléns costeiro nos Ancares

E continuamos cun belén moi especial. Se ben nas Terras Santas non era habitual a neve, un grupo de intrépidos montañistas da Costa da Morte rubiron aos cumios dos Ancares para deixar a súa pegada. Concretamente subiron ó pico tres bispos ou tres obispos (Concello de Cervantes - 1795 m) para a colocación do III Belén de Cumbres Tres Obispos, nunha marcha organizada pola web de "trotaleiras". "Tivemos un día invernal que nos deixou unha paixase preciosa... tipicamente navideña", cóntanos Juan M. Trillo. "Saímos dende o Refuxio de Ancares, a subida ó pico espectacular... rodeados de carballos enormes e nevados. Nevounos durante gran parte do camiño, xa no alto pillounos unha pequena ventisca. Logo baixamos en dirección ó refuxio de Brego rodeados outra vez de carballos. No refuxio fixemos un alto para repoñer forzas e brindar con un champán fresquiño acompañado de turrón como non". E aló deixaron este fermoso belén os (de esquerda a dereita) Trivi, Javi, Tomás, Raúl Trotaleiras, Juan M. Trillo, Ramón e Chisco.

Beléns viventes en Cabana

Traemos tamén unha foto dos beléns viventes organizados en Riobó e Nantón, artellados polo Departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cabana de Bergantiños.

Máis beléns en Cerqueda

E para rematar deixámosvos coa foto do Belén vivente que preparou a Asociación Raigañas de Cerqueda, no cal participaron o Grupo de Gaitas da asociación, e que rematou cunha boa chocolatada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios