Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha homenaxe a 30 anos dedicación baloncestística de Miguel Vidarte

Unha homenaxe a 30 anos dedicación baloncestística de Miguel Vidarte
Homenaxe a Miguel Vidarte en Cabana 2

Fermosa homenaxe a que recibiu este sábado un dos membros máis míticos da familia do CEIP As Revoltas de Cabana. Dende 1997 leva Miguel Vidarte facendo de profesor, director… así como de adestrador de baloncesto de xeracións e xeracións de rapaces cabanaeses.

Moitos dos seus ex alumnos quixeron renderlle unha homenaxe. Xentes das xeracións do 67, que foi a primeira, ata a do 84, estiveron presentes para agradecer a dedicación e a cantidade de horas que lle dedicou a trasladar a súa paixón polo deporte do baloncesto a centenares de rapazas.

Así, o pasado sábado, unhas 30 ex xogadoras vestiron a camisola laranxa, subiron a un bus da empresa “Autocares J. Pombo”, a que facía a ruta cando eran escolares, e foron recollelo por sorpresa a súa casa a Cabana. Levárono de cea ao Resturante Pastoriza de Vimianzo, e celebraron a festa na súa honna cantando o “Gracias míster”.

Fonte

Comentarios