Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Usuarios de Íntegro e Adisbismur gozaron dunha festa do baloncesto inclusivo

Usuarios de Íntegro e Adisbismur gozaron dunha festa do baloncesto inclusivo
Usuarios de Integro na xornada de baloncesto inclusivo de Outes Usuarios de Integro na xornada de baloncesto inclusivo de Outes

Fermosa a xornada deportiva que organizaba Adisbismur no pavillón deportivo de Serra de Outes este pasado mércores. Oito entidades de persoas con discapacidade, sete delas membros de COGAMI, participaron nun divertido e inclusivo torneo de baloncesto. Entre elas estiveron as costeiras Íntegro (Cabana) e a propia Adisbismur (Muros e a Serra de Outes), ademais de Avante de Val do Dubra, Misela de Noia, Ámbar da comarca da Barbanza, Amarai de Arzúa e Terra de Melide, o centro de recursos de Medelo que ten COGAMI en Silleda e a asociación A Creba de Noia.

Finalmente si que houbo vencedores que levantaron o trofeo, A Creba, que foi a gañadora por diante da nosa Íntegro nunha intensa final na que se lles escapou o trofeo aos costeitos na última canasata, desppos de chegar á prórroga. Os bergantiñáns celebraron por todo o alto a “prata”, pero sobre todo disfrutaron festa fermosa xornada deportiva, de convivencia e de lecer.

En todo caso, houbo trofeos para todos porque, o importante é participar e crear vínculos de amizade e compañeirismo.

Tralo remate do torneo, todos os participantes e asistentes puideron gozar dun xantar no pavillón.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/integro-forma-a-dez-novos-auxiliares-de-almacen/ https://quepasanacosta.gal/a-inclusion-defintiva-a-traves-do-futbol/

Comentarios