Venres. 19.04.2024
El tiempo

Usuari@s de Íntegro gozan da praia e do mar das Rías Baixas

Usuari@s de Íntegro gozan da praia e do mar das Rías Baixas
Usuarios de Integro na Praia de Sanxenxo Usuari@s de Integro na Praia de Sanxenxo

Menuda semana que están a pasar 6 usuari@s da Asociación Íntegro en Sanxenxo. Acompañadas de dúas monitoras (unha terapeuta ocupacional e unha logopeda), están dende o domingo na localidade pontevedresa de Sanxenxo participando no programa Lecer Náutico organizado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), en colaboración co Real Club Náutico de Sanxenxo e a Fundación Mapfre.

Trátase dunha experiencia moi divertida, enriquecedora e positiva que pretende achegar esta modalidade deportiva ás persoas con diversidade funcional, fomentando así o contacto directo coa natureza e o entorno mariño.

<`>Ao longo desta semana, recibirán un curso de manexo de embarcacións de vela lixeira, de 20 horas de duración, impartido por persoal especializado do club náutico. Ademais das clases teóricas, que xa comezaron a primeira hora da mañá, os e as participantes terán a oportunidade de saír a navegar pola ría de Pontevedra e experimentar sensacións tan novidosas e incribles como a liberdade ou a ausencia de barreiras.

Pero non todo vai ser náutica! Ao igual que sucedeu en edicións anteriores, tamén haberá tempo para o lecer e o aprendizaxe fóra da auga porque durante a súa estancia en Sanxenxo está previsto que realicen outras actividades de ocio como ir á praia, pasear pola vila ou visitar algúns museos e lugares de interese turístico. Así mesmo, terán a ocasión de poñer en práctica todo o aprendido nos nosos obradoiros de autonomía persoal, asumindo a realización de tarefas tan cotiás como a limpeza do fogar, a hixiene diaria, o carro da compra e a administración dos cartos.

Durante cinco días permanecerán nunha residencia adaptada que lles permitirá convivir con compañeiros/as doutras entidades sociais e fomentar as relacións interpersoais e a creación de novos vínculos de amizade. De feito, este ano coinciden na mesma quenda cos usuarios e usuarias de Alcer Coruña. Unha experiencia única e inesquecible para os seis afortunados/as desta edición.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios