Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Varias asociacións costeiras esixen a dimisión do alcalde de Cabana

Varias asociacións costeiras esixen a dimisión do alcalde de Cabana
Jose Muino candidao a reeleccion na alcaldia de Cabana Jose Muíño As entidades Petón do Lobo, Salvemos Cabana, Cova Crea e Ouriol do Anllóns consideran que o alcalde popular de Cabana, José Muíño, "non pode seguir nin un minuto máis no seu posto logo do rexistro do Seprona no Concello de Cabana de Bergantiños este luns e a posterior declaración na tarde do mércores no cuartel da Garda Civil de Ponteceso por unha investigación xudicial por un suposto delito contra o patrimonio". As entidades lembran que os hórreos históricos son en si mesmos a imaxe do patrimonio de Galicia e a Lei garántelles a máxima protección posible. Por iso, a actiación levada en 2015 polo Concello de Cabana nunha praza de Canduas que provocou a demolición dun hórreo (e posterior reedificación noutra finca) é intolerable. Xa só queda un hórreo na praza de Canduas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios