Martes. 13.04.2021
El tiempo

A Xunta tamén axuda a ampliar o Centro de Día de Cabana

Centro de Día Cabana
Imaxe da ampliación do Centro de Día de Cabana
A Xunta tamén axuda a ampliar o Centro de Día de Cabana

No medio da folga dos traballadores do Consorcio Galego de Benestar e Igualdade, o Concello de Cabana vén de anunciar o convenio coa Xunta para ampliar o edificio municipal destinado ao Centro de Día. Máis de 300.000 se investirán entre as dúas entidades (o pleno aprobaba onte a modificación orzamentaria por un valor de 150.000 euros) para a ampliación, nun convenio semellante ao aprobado co Concello de Malpica.

A superficie será de 803 metros cadrados, e desetinarase tanto a Centro de Día como a Salón Social e Biblioteca. Repartirase en tres plantas: a baixa e dúas plantas con doble acceso a través da praza de Neaño e a estrada do Bosque, situado nun plano superior. Disporá tamén dun horto urbano de 157 metros e a parcela xa conta con servizos urbanísticos de abastecemento de auga, subministro de enerxía eléctrica, rede de sumidoiro municipal e rede telefónica.

Novas relacionadas

comentarios