11 concellos e máis de 250 negocios da Costa da Morte póñense En Negro contra a Violencia de Xénero
07:20 20/11/17
Partía do Concello de Santiago hai dous anos, e hoxe xa son 75 concellos galegos, 3 deputacións e 3513 establecementos e axentes sociais os que participan na campaña En Negro contra a violencia de Xénero. Entre eles, 11 concellos da Costa da Morte e máis de 250 negocios, destacando o compromiso de casas comerciais de Carballo e Zas, e tamén de Cee, Corcubión, Fisterra e Muros.
Unha campaña que pretende concienciar a toda a poboación sobre a máis grave expresión da desigualdade social que vive a muller. Os datos son terroríficos, e deixan cifras como que o 13% das mulleres residentes en España de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella, un 26% violencia psicolóxica de control —celos, control de horarios e actividades etc.— e un 20% violencia psicolóxica emocional —insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc—. Dende 2003 ata maio do 2017, a Delegación de Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 en España
A pesar de todo isto aínda vemos exemplos día a día de comportamentos violentos de homes a mulleres, ante a pasividade dos que miran e non falan, e non denuncian.
É a sociedade ao completo o que ten que censurar esta barbarie, e por isto, calquera campaña deste tipo que se leve adiante, ten que se aceptada por todos. O sábado 25 é o día da conmemoriación do Día Mundial Contra a Violencia de Xénero, pero ao longo da semana haberá unha marea de actividades que imos recollendo en QPC.
Participantes costeiros na campaña En Negro
- Camariñas (Concello)
- Carballo (Concello e máis de 100 comercios)
- Cee (Concello e máis de 25 negocios)
- Corcubión (Concello, centros educativos, centro de saúde, 13 organismos administrativos, 12 asociacións culturais e deportivas e 46 negocios)
- Coristanco (Concello)
- Fisterra (Concello e 20 negocios)
- Muros (Concello e 17 cnegocios)
- Muxía (Concello)
- Santa Comba (Concello)
- Vimianzo (Concello)
- Zas (Concello, máis de 100 negocios, clubes de fútbol e asociacións)
Carballo
Carballo participa por segundo na campaña "En negro contra as violencias" con distintas actividades. Así, do 20 ao 26 deste mes un centenar de establecementos comerciais e hostaleiros converteranse en escaparates do rexeitamento social á violencia utilizando a cor negra como elemento fundamental da súa decoración e difundindo as mensaxes da campaña. Dende a concellería de Igualdade e Benestar, Maica Ures, animan á veciñanza a participar colgando de ventás e balcóns prendas de roupa ou obxectos de cor negra. Ao longo da semana entregaranse ao alumnado dos colexios de infantil e primaria e ao CRA de libros sobre igualdade para as súas bibliotecas. De feito, a poboación escolar é outra das destinatarias da campaña. Deste xeito, o día 23 ás 11 horas desenvolverase no CEIP Xesús San Luís Romero un acto contra a violencia no que participará todo o alumnado e persoal do CIM. O día 24 ás 12 terá lugar na Praza do Concello unha concentración na que se lerá a Declaración Institucional aprobada polo pleno da corporación. O sábado 25 realizarase un apagado simbólico do alumeado tamén na Praza do Concello. Os días 28 e 29 celebrarase no Pazo da Cultura un obradoiro de autodefensa persoal para mulleres. O prazo de inscrición segue aberto ata o 24. E o mércores 29 rematarán os actos coa actuación da Tropa de Trapo, co espectáculo Contamos todas, para o alumnado de 1º de Bacharelato.Corcubión
Dende o 23 até o 26 de novembro, o concello organizará distintas actividades dirixidas a toda a veciñanza. Así, o 23 de novembro o centro cultural A Capela do Pilar acolle ás 20 horas unha charla sobre "A realidade das mulleres e nenas vítimas da trata" impartida por Lourdes Pazos e Tatiana Conde, de Vagalume. O vernes, día 24 de novembro, haberá ás 12:30 horas unha concentración e a lectura do manifesto diante da Casa do Concello. E xa pola tarde, ás 16 horas, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria da vila participarán no obradoiro de coeducación Anduriñas.Muros
Vinte mulleres de Muros participaron este sábado no curso de "Defensa persoal e autocapacidades" O concello de Muros - a través do seu CIM - está a realizar estes días distintas actividades. Asi, este sábado, desenvolveuse na sala de actividades da piscina municipal un curso de "Defensa persoal e autocapacidades" - impartido pola academia galega de Seguridade Pública - e no participaron 20 mulleres. As actividades continúan o mércores coa presentación da guía sobre a igualdade do CIM, feita polos Bolechas. O venres, ás 12:30 horas, terá lugar na praza do concello unha concentración e a lectura do Manifesto contra as violencias machista e os integrantes de Adibismur leran a poesía "Pingas de pena". Xa o sábado, o centro cultural e xuvenil de Muros acolle - ás 21:30 horas, a obra "Elena: xuizo a unha lurpia" da man de Teatro do Atlántico.Zas
Manuel Muíño e Patricia Fariña presentaron onte nas Torres do Allo a campaña "En negro contra as violencias" Un total de 120 establecementos de todo o municipio, persoal dos centros de saúde, clubes de fútbol, centros educativos e distintas asociacións, ademais do equipo de goberno e do persoal administrativo do concello de Zas, participan por segundo ano na campaña "En negro contra as violencias". Durante toda a semana, os establecementos comerciais tinguirán de negro os seus escaparates e os hostaleiros utilizarán uns salvamanteis específicos para a campaña. O venres 24, ás 12:30 horas, terá lugar unha concentración e a lectura do manifesto contra as violencias machistas diante casa do concello.Máis información
- Poden extraer información e descargar material para cada concello en: ennegrocontraasviolencias.gal.
Actividades neste 2017 polo #25N
- O CIM carballés organiza un curso de autodefensa persoal no marco do #25N:
- O Ciclo de Teatro de Santa Comba tamén chega en clave #25N.
- Santa Comba loita contra a violencia de xénero cun ciclo de cine.
- Zas súmase ao pacto das Buseranas para loitar contra a violencia de xénero.
- 10-11-17: 15 concellos da bisbarra aprobaron ou teñen previsto facelo a moción de Buserana por un pacto contra a Violencia de Xénero
- 03-07-17: O Concello de Cee, o primeiro en aprobar por unanimidade a moción contra a violencia de xénero da Buserana.
- 16-06-17: Buserana propón aos Concellos da bisbarra asinar un Pacto contra a Violencia de Xénero.
- Un #25N en violeta e En Negro
- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Redacción QPC ([email protected])