Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Faro Vilán énchese coas impresionantes maquetas de pedra de Carlos Parga Pose

O Faro Vilán énchese coas impresionantes maquetas de pedra de Carlos Parga Pose
O Faro Vilán estreou a nova exposición de maquetas de pedra de Carlos Parga Pose e irmán

Segue vivo o Faro Vilán gracias ao traballo da Asociación de Empresarios de Camariñas. E con protagonistas da casa, o que aínda lle dá máis mérito. Esta pasada fin de semana tiña lugar a inauguración dunha nova exposición, desta volta das maquetas de pedra realizadas por Carlos Parga Pose coa colaboración de seu irmán Álvaro, ambos de Ponte do Porto (Camariñas).

A estrea foi todo un éxito. O público asistente quedou abraiado pola beleza e similititude das obras coas reais xa que non lle falta ningún detalle. Durante a presentación os irmáns explicaron como comezou todo e a cantidade de traballo que supoñe realizar cada peza e detalle das maquetas e a satisfacción que supoñe velas unha vez rematadas.

Maquetas de pedra de Carlos Parga Pose no Faro Vilan

Horario de apertura

Tanto a exposición de maquetas como de pintura poderanse visitar ata o 1 de setembro, tempo no cal o Faro Vilán de Camariñas estará aberto todos os días de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 21:00h.

Novas relacionadas

Comentarios