Xoves. 28.03.2024
El tiempo

25N: A Costa abre os ollos para loitar contra o silencio

25N: A Costa abre os ollos para loitar contra o silencio

25N (máis interesante que o 20N dende logo...), e a Costa da Morte vólcase coma nunca co Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Haberá actividades neste venres nos concellos de Muxía, Camariñas, Cee, Muros, Ponteceso, Corcubion e Carnota. E de diversa índole pois onde nalgún lugar prefiren charlas ou marchas, por outros condenan a violencia a base de concertos.

I é que a cousa non mellora apesar de que os datos da Enquisa de opinión sobre a violencia de xénero, elaborada polo Ministerio de Igualdade, sinalan que a sociedade rexeita de forma abrumadora a violencia contra as mullerea. Pois o 91,2 % das persoas entrevistadas considéraa “totalmente inaceptable”. Aínda así, os datos sinalan que unha de cada tres mulleres no mundo sofre ou sufríu a violencia de xénero.

Unha das claves deste ano é a implicación de todos os sectores e todas as persoas nesta loita. "O silencio é unha forma de participar na violencia", apuntan dende Camariñas, deixando claro que os que sabemos e non o denunciamos, somos tamén cómplices.

Imos repasando as citas para estes días Concello a Concello:

25N en Vimianzo

Os primeiros en celebralo foron os do Concello de Vimianzo. Baixo o lema “Vimianzo denuncia o maltrato” desenolveron unha marcha desenvolta xa esta mañá de xoves, aproveitando que ten lugar o mercado municipal. A cadea humana saiu do IES Terra de Soneira, chea de mozos e mozas do centro, e rematou na Praza do Concello.

25N en Ponteceso

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso, con motivo do día mundial contra a violencia de xénero, prepara a presentación da proposta audiovisual dos alumnos do Concello. I é que este ano, a través do novedoso proxecto Rec.Apacita, os rapaces e rapazas de 4º da ESO do IES Ponteceso farán a presentación do seu documental a partid das 20:00h no Centro Cultural pontecesán.
Ademais, pola mañá a partir das 12:00h o centro acollerá un mural e unha exposición bibliográfica, aderezada dun bo chocolate quente.

25N en Camariñas

Un dos Concellos que leva máis tempo comprometido co asunto é o de Camariñas. I é que a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade é unha das máis activas. Os Maratóns Fotográficos Implícate como os vídeos da Voz da Muller camariñá dan boa conta do seu traballo.

Este 2011, Déborah Morate, Secretaria da AMCPI, infórmanos da marcha-concentración que artellan, e que terá lugar o vindeiro venres 25 de novembro as 20:00h. A marcha partirá da Praza de Insuela (praza do Concello) de Camariñas.
Baixo o lema "Abran os forma de participar na violencia”, que facemos noso, farán ademais e unha ofrenda floral polas víctimas asasinadas ao longo deste ano.

25N en Muxía

Esta fin de semana, o Concello muxián tamén artella varias propostas pola Eliminación da Violencia hacia as mulleres:

  • Venres 25 de novembro: O Centro de Información á Muller fará a lectura do manifesto contra a violencia de xénero o día 25 de novembro, venres, no salón e actos do IES Ramón Caamaño de Muxía. Este acto cerra unha serie de actividades de sensibilización e prevención da violencia de xénero que o CIM, en colaboración, co departamento de orientación do centro educativo, estivo realizando durante este mes de novembro cos alumnos e alumnas do IES.
  • Sábado 26 de novembro, xornada contra a violencia no Salón de Actos do Voluntariado, con inaguración a cargo de Félix Porto Serantes, Alcalde do Concello de Muxía; Anxo Queiruga Vila, Presidente de COGAMI; e Adolfo López Baña, Presidente da Asociación ÍNTEGRO. Así as temáticas musturarán os problemas da “Violencia e diversidade funcional”, ademais de falar de “Autoemprego nas persoas con diversidade funcional” e dos “Recursos na diversidade: a asistencia persoal”.
    De contado, a partir das 20:00h, ahberá tempo para o espectáculo poético musical “Elas Falan”, do Grupo Ouriol.
    A sesión rematrá cun coloquio aberto.
  • Domingo 27 de novembro: Magosto en familia. No polideportivo de Muxía de 5 a 7 da tarde haberá un magosto popular con xogos infantís e inchables.

25N en Cee

Ademais das actividades de coeducación para a educación primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo durante os meses de outubro e novembro, o Concello de Cee e o Centro de Información á Mullar (CIM) organiza unhas citas este venres 25 de novembro.

As citas comezarán cunha concentración ás 12:00h na Praza do Concello, e a lectura do manifesto. De contado faranse públicos os premios do “IV Concurso de carteis contra a violencia de xénero 2011” e repartirantes Tarxetas vermellas.
Pola tarde, a partir das 20:30h terá lugar a obra de teatro “Sonda corda” da compañía Forma Teatro.

As citas continuarán o vindeiro xoves 1 de decembro. Alí terá lugar a presentación do vídeo gañador do certame I concurso de guións cinematográficos na sesión “Cine nas aulas para a prevención da violencia de xénero”, no que participaron o alumnado de 2º, 3º e 4º do IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e Manuela Rial Mouzo, que precisamente vemos na foto. A cita será o xoves 1 de decembro a partir das 12:30h no Salón de Actos do Concello.

25N en Cee coa Buserana

Ademais, a Asociación de mulleres feministas BUSERANA organiza tamén unha fin de semana de charlas "Para cambiar o mundo, acabar coa violencia machista".

Hoxe xoves comezan as actividades cunha charla no IES Fernando Blanco coa proxección de varias curtametraxes a partir das 20:00h. para o venres, hai concentración a partir das 20:00h, e o sábado hai unha mesa redonda con Carmen Adán.

25N en Corcubión

O Concello de Corcubión quere facer público un chamamento á sociedade en xeral para que condene de forma clara e rotunda este andazo social. Centrándose na educación e no aumento da concienciación social prantexan unha concentración o día 25, ás 12:00 h, diante da Casa do Concello, na que se manterá un minuto de silencio en memoria das vítimas.

A idea é de seguir "educando en igualdade, sen discriminación por razón de sexo, é un labor que debe partir das propias familias".

25N en Carnota

A mocidade da Costa da Morte conxúgase en Carnota contra a violencia de xénero baixo o lema "Revírate contra a violencia de xénero". Esta é a fórmula que propoñen Galiza Nova e o Concello de Carnota contra a violencia de xénero, unha problemática que aínda que semella máis propia de séculos pasados aínda pervive en moitos fogares galegos atormentando a centos ou miles de mulleres que viven nos seus propios domicilios un pesadelo diario.

Ao igual que o ano anterior no que desenvolveron un completo conxunto de actividades en 3 localidades, este 25 de novembro Galiza Nova da Costa da Morte volve estar presente nas reivindicacións do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cun programa de actividades que se desenvolverán ao longo de dúas xornadas no Salón de Actos do Concello de Carnota.

O programa será o seguinte:

  • Xoves 24 ás 18:00h: Encontros con nós mesmas. Obradoiro sobre a autoestima e interioridade.
  • Venres 25 ás 20:00h: Presentación do libro "Rosalia de Castro, estranxeira na súa patria. A persoa e a obra de onte a hoxe", por Francisco Rodríguez, presentado por Zaira Trillo, responsable de Mulleres GZNova Costa da Morte e coa intervención de Merche Díaz, teniente alcalde do concello carnotán.

25 N en Muros

O venres a cita é contra a violencia de xénero. No escenario estarán as bandas Akylea, Kolision Frontal e Alterkado Muros. Ademais o sábado hai cita musical co Castelo Rock Express.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios