Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#25N: A Costa da Morte non fai trato co maltrato

#25N: A Costa da Morte non fai trato co maltrato
Acción polo 25N da Buserana-Foto-Serxio Dominguez

Xa o dicimos sempre, o Día contra a Violencia de Xénero ten que ser todos os días, e ata que non se elimine esta celebración, non se terá conseguido a vitoria, como ben recordaba xa hai anos a nosa Denosiña. En todo caso, parece claro que o mal existe, e que está presente na nosa sociedade, polo que facelo o máis visible posible, e loitar contra o silencio seguen sendo bregas necesarias.

Este ano, numerosos actos se viviron na zona, numerosos colectivos puxeron o lazo violeta, o símbolo desta loita, este martes 25 de novembro. Concellos, Obradoiros, grupos escolares, equipos de fútbol, asociacións… Moitas entidades demostrando que a conciencia cidadá está camiñando cara un destino máis xusto.

As Buseranas co #25N

Co maltrato non hai trato-25N Buserana

A única entidade que nace para defender o papel da muller na nosa sociedade chámase Asociación Feminista Buserana, e leva anos en loita contra a Violencia de Xénero. E unha das citas ineludibles é o 25 de novembro. O ano pasado as Buseranas berraron o “Nen unha máis”, e en 2012 loitaron contra o “silencio cómplice” dos que estamos preto dunha situación de risco.

Este curso tocaba o lema “Co maltrato, non hai trato”. Houbo tempo para un magosto comprometido, e tamén para a poesía, e deixaron a súa pegada os poemas de Concha Blanco, e máis os de Suso Bahamonde, que leu acompasado polas notas de Eloi Fraga ca súa guitarra.

Suso Bahamonde lendo poemas comprometidos polo 25N

De féretros carteis en Cee

Feretros en Cee polo 25N PREMIO Concurso Carteis Cee 25N MAIORES DE 18 ANOS

Un ano maís, a delegación de igualadade do Concello de Cee armou unha concentración contra a violencia de xénero ás 12:00h. Moi emotiva foi, coa participación de varioas centros escolares que fixeorn unha dura pero máis que interesante performance con cadaleitos.

No acto, déronse a coñecer ademais os nomes das persoas que gañaron o VI concurso de carteis contra a violencia de xénero que organiza a Delegación de Igualdade e o CIM do Concello de Cee son:

  • Categoría maiores de 18 anos: dotado con 200€, Mª DEL PILAR BOULLOSA ÁLVAREZ (Pontevedra). Cartel ¿Cuántas HERIDAS MÁS PUEDES AGUANTAR?. Di no al maltrato.
  • Categoría menores de 18 anos: dotado con 100€, SILVIA RÚA JUSTO (Ourense). Cartel: ¡Non es máis! Este cartel ten o mesmo lema en escritura e lectura BRAILLE.

PREMIO Concurso Carteis 25N Cee MENORES DE 18 ANOS

Tamén fixo parón en Cee, o Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor, e os seus alumnos sumáronse á repulsa da violencia de xénero.

Obradoiro de Emprego do Solpor parou polo 25N

Aspadex

Téñeno claro os usuarios de Aspadex: Violencia NON!

Violencia NON en Aspadex

O Fútbol da Costa co 25N

Tamén o Soneira e outros equipos puxeron o lazo violeta, e como proba do compromiso do Fútbol costeiro con esta data, deixamos a foto do Castrelo, facendo entrega da camiseta lazo violeta e ca seguinte mensaxe: "Encáixalle un GOL a Violencia de Xénero", co xogador Felix Roget e o mister Roland Caamaño.

O Castrelo co 25N

De micromachismos por Carnota

Acto de Accion Feminista do BNG en Carnota

Interesante, e diferente a proposta Comisión de Acción Feminista do BNG e a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte, que este ano xirou en torno aos “micromachismos”. Un obradoiro I é que para as mulleres nacionalistas a violencia machista son todos os comportamentos e accións que coaccionan, limitan, restrinxen as liberdades das mulleres e tamén a súa propia dignidade. A loita contra esta violencia non pode quedar reducida a un día (25N), nin a un mes (novembro), nin tan siquera a un só ano, porque é unha loita que se ten que levar a diario para facela evidente e para mostrar que, practicamente, todas as mulleres estamos sometidas dunha maneira ou doutra a ela. O Día Internacional contra a Violencia de Xénero deben ser tódolos días, tamén repiten.

Por iso centraron esta ocasión nos micromachismos, ”a violencia invisíbel que nos rodea e que son parte desta lacra que temos que frear, con accións coma estas, e por suposto, nas institucións, xa que a violencia machista non é unha cuestión privada, é unha cuestión pública e política. Está nas nosas mans. Abre os cadeados: NON AO TERRORISMO MACHISTA!”.

Comic polo 25N de Galiza Nova

O obradoiro sobre micromachismos consistiu en facer un exercicio práctico e individual antes, durante e logo de visualizar a seguinte curtametraxe “O soño imposible”:

Os presentes analizaron e debatiron sobre a curta, realizada pola ONU, Organización de las Naciones Unidas no 1983. “Credes que en 31 anos cambiou algo?”, se preguntaron.
Logo de debater desde as 21h ata a 01:30h no Bar Pedrapás de Lira, obtiveron como resultado, unha solución colectiva que entre todas elaboraron para erradicar os micromachismos, “unha violencia casi invisible que sufrimos todas en silencio, algunha vez nas nosas vidas e demais comportamentos machistas, que nos impiden ás mulleres vivir en igualdade”. As inmediatas solucións que propuxeron maioritariamente centráronse na educación en igualdade desde as escolas infantís ata a universidade, “políticas que nos axuden a emanciparnos e concienciación social na veciñanza os imos frear para que as nosas nenas non o teñan que contar coma nós o fixemos hoxe aquí”.

As actividades seguiron onte 25 de novembro en Carnota, onde proxectaron “A última gota: a revictimización da vítima", documental realizado polo colectivo feminista "Las tejedoras", o cal denuncia a mala xestión e ineficacia do sistema xudicial, logo de presentar unha denuncia por violencia de xénero. As asistentes ademais de intercambiar as súas opinións, coincidiron en non deixar estes debates ceñidos a un só día, polo que proximamente desde Galiza Nova e o BNG convocarán vindeiras citas feministas.

Un cento de persoas en Vimianzo

Un cento de persoas en Vimianzo

Máis dun cento de persoas reuníronse na Praza do Concello de Vimianzo para dicirlle non á violencia de xénero. Participaron representantes das asociacións do Concello, que fixeron entrega de candanseu lazo violeta como símbolo da repulsa ao maltrato.
O alumnado de sexto curso do CEIP San Vicenzo de Vimianzo ademáis de elaborar unha pancarta portaron un total de 54 carteis con 54 nomes, correspondentes a cada unha das vítimas de violencia de xénero durante o ano 2013.

O alumnado do IES Terra de Soneira tamén participou no acto, cada participante portou unha ilustración e recitou un lema en contra do maltrato. Ao rematar repartíronse entre as persoas asistentes uns bolígrafos de cor violeta conmemorativos do Día internacional contra a violencia de xénero.

O Concello de Vimianzo contra a Violencia de Xenero

E a Cruz Vermella de campaña por Vimianzo

Acto da Cruz Vermella en Vimianzo polo 25N

Tamén a Cruz Vermella realizou varios actos sobre o 25N. A Institución, que ofrece atención e protección ás mulleres vítimas de violencia de xénero, ademais de apoio noutros ámbitos, como a inserción laboral, quixo afondar na importancia de sensibilizar a mozas e adolescentes sobre a violencia machista e a desigualdade de xénero. Por iso lanza a súa campaña baixo o lema “Conecta os sentidos: non todo é amor”.

A organización levou a cabo o luns 24, unha actividade no IES Terra de Soneira nos cursos de 1º e 2º da ISO. Dita campaña consistiu na explicación do lema, diferentes conceptos relacionados coa violencia de xénero, así como, as sucesivas etapas. Posteriormente, desenvolveuse un xogo de preguntas no que os alumnos, por grupos, expresaron as súas opinións achega de diferentes aspectos vinculados ao tema en mención.

O obxectivo desta iniciativa é identificar as primeiras manifestacións machistas que se presentan nas relacións de parella e que adoitan pasar desapercibidas: os celos, o control en redes sociais ou as agresións verbales. Estes son algúns exemplos de sinais que non son consideradas violencia de xénero si non algo normal e consecuencia do ideal do amor romántico.

Ademais, baixo o hashtag #25ncrj lanzaranse mensaxes da campaña en diferentes redes sociais durante o mesmo día 25 de novembro.

#CamariñasdinNon pola rede

CamarinasdiNon a Violencia de Xenero pola rede

Novedosa a campaña que está a realizar Área de Igualdade do Concello de Camariñas. A rede convertiuse na arma para seguir concienciando, e o fai (aínda está aberta) cunha campaña a través das redes socias. O Twitter @MullerCamarinas e o Facebook levan fomentando a discusión arredor do hastag #CamariñasdiNON, iniciativa que ten como finalidade concienciar e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de loitar contra esta lacra social.

Pretenden promover unha verdadeira marea de Tweets na rede social Twitter e mensaxes compartidos a través de Facebook o longo de toda a semana dende o 22 ao 29 de novembro.

Tuits que serven para recordar datos espeluznantes, como que 4,5 millóns de persoas son vítimas da explotación sexual forzada, sendo 98% mulleres e nenos; ou que 1 de cada 3 mulleres e nenas experimenta algunha vez a violencia de xénero.

Por todo iso, #‎CamariñasdiNON á Violencia de Xénero.

A visión áceda de Hermanager

E para finalizar, deixamos a visión sempre áceda, pero comprometida, de Hermanager Producións.

Vineta polo 25N de Hermanager Producions

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios