Sábado. 05.10.2024
El tiempo

300 rapaces puideron levar o mar ata as aulas co Mar na Escola

300 rapaces puideron levar o mar ata as aulas co Mar na Escola
Clausura do Mar na Escola 2015

Rematou, un curso máis, o pioneiro programa “O Mar na Escola 2015”. Ese proxecto municipal co apoio de Ferroatlántica e Cerdeimar que permite que 300 rapaces de varios concellos costeiros disfruten do mar e da vela en horario lectivo. Así, o pasado venres os representantes da organizadora Escola de Vela Cataventos, os patrocinadores Ferroatlántica e Cerdeimar-Conservas Boya,os alcaldes de Corcubión, Dumbría, Fisterra e Camariñas, e as concelleiras de deportes de Cee e Muxía ademais do presidente do Club Marítimo Carrumeiro estiveron no acto de clausura.

A coordinadora do programa, Noemi Bermúdez de Castro, explicou que nesta edición participaron máis de 300 alumnos dos colexios CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto (ambos de Camariñas), Manuela Rial (Cee); CEIP Santa Eulalia (Dumbría); CEIP Mar de Fóra, CEIP Areouta (ambos de Fisterra); CEIP Praia de Quenxe (Corcubión), CEIP Virxe da Barca, CEIP Vilarmide, CEIP Os Muíños, IES Ramón Camaño (ambos de Muxía). “Trátase dun programa consolidado, cuxa continuidade está garantida polo apoio incondicional que recibimos tanto de institucións públicas (Concellos, Federación Galega de Vela, Secretaria Xeral para ou Deporte) como das empresas Ferroatlántica e Cerdeimar, ás que traslado, unha vez máis, o noso agradecimiento. De cara ao futuro, temos que seguir fortaleciendo estas liñas de colaboración para seguir avanzando no desenvolvemento deste programa, ao que tanto esforzo e dedicación dedicamos ao longo destes anos”, indicou a coordinadora.

Pola súa banda, o director da Zona Noroeste de Ferroatlántica, Carlos Oliete, sinalou que “O Mar na Escola é un proxecto que Ferroatlántica sente como propio. Desde o primeiro momento cremos nesta iniciativa, vivimos a súa evolución e vimos como os índices de participación aumentan cada ano. Con isto, non cabo opción á dúbida. En Ferroatlántica creemos neste programa que se afianzou co paso do tempo, grazas ao enorme esforzo que, desde o primeiro ata o último implicado, dedica en cada edición”.

Acegando o mar ás aulas dende 2004

I é que o O Mar na Escola iniciou a súa actividade no ano 2004, no CEIP Areal de Camariñas e foron sumando concellos e centros, atraídos por un xeito diferente de achegar aos nenos as materias de Coñecemento do Medio e educación Física, desde un punto de vista próximo.

O programa está estructurado en dous grandes bloques. O primeiro vira ao redor da Observación da Contorna, e nel trátase do mar, os ventos, as mareas e a costa, ademais de nomenclatura náutica, rumbos e navegación a vela. O segundo, Coidado e Conservación do Medio Ambiente, favorece o achegamento dos alumnos á biodiversidade dos mares e os océanos. Para iso, a escola dispón de todos os medios técnicos necesarios.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios