Xoves. 28.03.2024
El tiempo

40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de Fisterra

40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de Fisterra
Captura do Corridor de Fisterra

Segue sendo Madrid quen toma as decisións en materia de Salvamento Marítimo nas costas galegas. Mentres, seguimossufrindo as consecuencias do Prestige en forma de galletas de chapapote, malia que non se atopou nin un só culpable pola catástrofe. Ademais, o helicóptero non volverá á infraestrutura mal feita do heliporto de Rubio. E cada ano, unha sorpresa que nos chega as nosas costas, como a famosa Gabarra Prima.

Segue sendo a Costa da Morte unha zona de denso tráfico de mercadorías perigosas. E segue sen haber un plan de emerxencia real. Cada día ducias de buques cargados cos materiais máis dispersos, rodean a península a apenas uns quilómetros das nosas costas, polo chamado “Corredor de Fisterra”, ou mellor dito, o Dispositivo de Separación de Tráfico de Finisterre (TSS Traffic Separation Scheme). A media anual de barcos que navegan o dispositivo é de 40.000.

Segundo a normativa internacional, todos os barcos teñen que reportarse ao Servizo de Tráfico Marítimo de Finisterre (que de feito a día de hoxe xa non dá información aos medios senon que temos que dirixirnos a Madrid), ao cruzar as liñas de demora 130 a Cabo Villano e 75 a Cabo Finisterre.
As vías de circulación están (empezando pola máis próxima á costa) a 21,7 millas (40 KM), 28,3 millas (52,4 KM), 35,5 millas (65,7) Km e 39,5 millas (73 Km) do Cabo Fisterra.

Dende Salvamento Marítimo sinalan que antes do "Prestige" só existían as dúas vías máis pegadas á costa (dirección Norte a máis próxima e dirección Sur a outra) para todos os barcos, despois do "Prestige" engadíronse as outras dúas para mercancías perigosas a granel.

As augas comprendidas entre os TSS e a costa se denomiman "Zona de Navegación Costera" e están reservadas ás embarcacións menores, de recreo ou deportivas. Todas as normas referentes ao uso dos TSS están establecidas na Regra 10 do Reglamento Internacional para Previr Abordajes (RIPA), explican.

Na imaxe podemos observar diferentes buques e o Helimer 203 que tiña base en Cee ata hai un par de meses, durante un voo, isto é posible grazas ao sistema AIS (Automatic Identification System).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios