Xoves. 25.04.2024
El tiempo

49 mulleres atoparon traballo nun ano do programa PIE 2017

49 mulleres atoparon traballo nun ano do programa PIE 2017
Clausura do programa PIE 2017 en Vimianzo Clausura do programa PIE 2017 en Vimianzo

86 persoas dos 3 concellos foron atendidas durante este curso no Programa de Emprego PIE, dirixido exclusivamente a mulleres dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo 2017. Un programa que se pechaba o pasado venres despois dun intenso ano de todo tipos de accións para a incorporación ao mundo laboral das participantes.

E a raíz das cifras, parece que funcionaron os cursos formativos, charlas e obradoiros colectivos, asesoramento e orientación individual, busca de ofertas de emprego, inscrición en listas de traballo temporal, inscrición nas probas do celga, prospección de empresas, prácticas non laborais en empresas, etc.

Pois nada menos que 49 persoas atoparon traballo dentro destes 12 meses, cumprindo o obxectivo inicial de que 30 persoas traballaran durante un período non inferior a 3 meses. Os principais sectores de ocupación das nosas participantes son os da hostalaría, ademais da axuda á dependencia e tamén o de dependentas en comercios.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/35-mulleres-de-camarinas-muxia-e-vimianzo-xa-traballan-gracias-ao-programa-pie/

Comentarios