Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Comité remata en loita este convulso 2016

O Comité remata en loita este convulso 2016
ultima-concentracion-de-2016-en-ferroatlantica O Comité de Empresa realizou a última concentración de 2016 ás portas da fábrica de Brens e anunciou novas manifestacións para este mes de xaneiro

Despide este convulso 2016 en loita o Comité de Empresa de Ferroatlántica. Onte celebraban a última concentración de protesta ás portas da fábrica de Brens para esixirlle á empresa que desista das súas intencións de vender as centráis hidroeléctricas e desvincular así a produción de enerxía coa de ferroaliaxes. Uns 200 trabajadores secundaron a movilización.

Antes, o Comité de empresa de Ferroatlántica Cee Dumbría CCHH celebrou unha reunión así como sendas asembleas nas fábricas nas que se informou das reunións mantidas coa empresa en Madrid e Santiago e se acordou un novo calendario de mobilizacións.

O Comité emitir un escrito á Dirección da empresa en Madrid en contestación a convocatoria de reunión que tiñan previsto celebrar os vindeiros dias 3 e 9 de xaneiro en relación ao “falso plan industrial”. O Comité desminte que seca cetro que na reunión do pasado 21 se acordase un calendario de reunións, e califica o plan industrial proposta como “indigno”, sinalando que máis ben é un un “verdadero plan de desmantelamiento e reconversión” baseado na venda das centráis.

Ademais, o Comité segue insistindo na necesidade de manter a legalidade sobre a vinculación de actividades e non acepta ningún paso que vaia pola segregación.

Deste xeito, non consideran oportunas as reunóns do 3 e 9 de xaneiro, mentres que non haia unha clara variación da política empresarial.

Novas mobilizacións

Así mesmo acordouse para o vindeiro mes de xaneiro manter as actuais convocatorias de concentracións diante da fábrica de Brens os venres 13 e 27 de xaneiro, e si a empresa non desiste da intención de vender as centrais de convocar unha folga, quedando por determinar a data da convocatoria.

A empresa despide a Carlos Oliete

Carlos Oliete viviu o seu último día á fronte das fábricas de Cee e Dumbría Carlos Oliete viviu o seu último día á fronte das fábricas de Cee e Dumbría

Onte venres, 29 de decembro, tivo lugar o acto de homenaxe aos dez traballadores das fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría que se xubilaron este ano, entre eles o ata agora director da Zona Noroeste, Carlos Oliete, que viviu onte o seu último acto oficial. O evento celebrouse nas instalacións da fábrica de Cee, coa presenza de xefes de departamento, mandos intermedios, membros do Comité de Empresa, ademais dos propios xubilados.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios