Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Asociación Antidroga Abondou ten que botar o peche ante a falta de recursos

A Asociación Antidroga Abondou ten que botar o peche ante a falta de recursos
Asociacion antidroga Abondou

Este vindeiro 2 de novembro será o último día de actividade da Asociación Antidroga Abondou. A directiva terá que tomar a dura decisión da disolución por falta de medios económicos e humanos, despois de máis de 20 anos de actividades, e tras varios intentos nos últimos anos de mantela viva.

A Asociación para a Loita contra as Drogodependencias “Abondou” é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito municipal, que se constituíu en Camariñas en marzo de 1994. A prevención do consumo na veciñanda da Costa da Morte sempre foi o sei obxectivo.

Entre as accións máis importabtes que realizou está a prestación para desprazamentos ás unidades asistenciais de drogodependencias a UAD de Carballo. Tamén traballan nas escolas, como é exemplo o programa “ABONDOU” de prevención de drogas en secundaria” con charlas no IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto e os colexios de primaria do concello de Camariñas”.

Outra das actividades que máis éxito tiveron foi o programa de Tempo libre: “Educación para a saúde e prevencion das drogodependencias no tempo libre”, xa que proporciona a mocidade unha alternativa ás situacións de risco para iniciarse no consumo de estupefacientes e malos hábitos, o mesmo tempo que favorecemos o coñecemento e participación destes na súa cultura e no seu Contorno; por outro lado, darlle-las alternativas axeitadas para o disfrute do seu tempo de lecer.

Todas estas accións quedarán orfas tralo peche desta comprometida asociación.

Novas relacionadas

Máis novas relacionadas cas drogas

Fonte

Comentarios